O novo espazo ‘Gourmet entre encaixes’ xa conta con doce marcas

As primeiras confirmacións son: CienPorCel, Bico de Xeado, Quesos Artesanos Autor, A Biconeta, Ibéricos de Salamanca, Pimentón La Ristra, Frigoríficos Canosa, Stolt Sea Farm, Martietas de Fío, Pura Locura, Habelas Hailas e mermeladas Amorodo. Na Mostra Habilitarase unha zona dedicada ao sector alimentario, na que se poderán instalar food trucks e outro tipo de postos. O custe para as empresas por estar presentes neste espazo é de 370 euros.

O espazo ‘Gourmet entre encaixes’, un novo concepto que se estreará na XXXIII Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña, xa conta coas primeiras confirmacións: son 12 as marcas que se sumaron polo momento a este espazo dedicado ao sector alimentario no que se poderán instalar food trucks e outro tipo de postos de venta ao público. 

As primeiras confirmacións son: CienPorCel, Bico de Xeado, Quesos Autor, Martietas de Fío, Pura Locura, Habelas Hailas e Mermeladas Amorodo. CienPorCel é unha empresa ourensana que comercializa produtos dos seus porcos celta; a marca de xeados artesanais afincada en Bergondo Bico de Xeado; Quesos Artesanos Autor é unha empresa estremeña que fai queixos de cabra gourmet; a Biconeta, a food truck do Taberna Do Bico de Camariñas; Ibéricos de Salamanca, que traerá xamóns e embutidos de Salamanca; Pimentón La Ristra, un produto afumado artesanal de Cáceres; Martietas de Fío, tamén de Bergondo, dedícase a crear galletas tradicionais con sabor a laranxa; Frigoríficos Canosa, a empresa camariñana de pulpo conxelado; Stolt Sea Farm, a empresa de acuicultura afincada ao carón do Faro Vilán e que comercializan rodaballo e linguado de alta calidade; Pura Locura é a empresa de organización de eventos que se encargará este ano da xestión da cafetería da Mostra e que, ademais, levará consigo os licores Habelas Hailas, as marmeladas Amorodo e instalará un espazo dedicado á Pascua.

Esta nova zona, na que tamén se situará o bar da Mostra e que contará con vixilancia de seguridade as 24 horas do día, terá unha decoración ambiental especial e contará cun espazo con mesas e sillas para que o público asistente á Mostra poida degustar alí mesmo os produtos que merque. 

O custe que teñen que asumir as empresas por estar presentes neste espazo é de 370 euros, IVE incluído. Estará aberto desde o mércores 27 de marzo ás 15 horas ata o domingo 31 de marzo, en horario continuo de 11 a 21 horas de xoves a domingo. 

Para máis información as empresas interesadas poden chamar aos teléfonos 653 265 529 ou 653 276 388.

Posts relacionados

Stolt Sea Farm e Frigoríficos de Camariñas renovan patrocinio para a Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña

Stolt Sea Farm e Frigoríficos de...

Ambas empresas, afincadas no municipio,  reforzaron as liñas do acordo de colaboración. Ademais, haberá degustación de rodaballo e de polbo…
A XXXIII Mostra do Encaixe de Camariñas sorprende a 16.689 persoas

A XXXIII Mostra do Encaixe de...

O día de maior afluencia foi o venres, 29 de marzo, con 6.318 persoas. A destacar o espectacular número de…
Cristina Gamallo convértese na gañadora do XXX concurso de Noveis Deseñadores coa colección Camino

Cristina Gamallo convértese na gañadora do...

A xornada de clausura da XXXIII Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña serviu para coñecer aos gañadores do…
gl_ESGL_ES
Logo-XXXIV-Mostra-do-Encaixe-min
Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.