O desfile de ‘ArtEncaixe’ triunfa na XXXII Mostra do Encaixe de Camariñas

Os 12 artesáns que participan nesta edición demostran que o encaixe é versátil e pode adaptarse a diferentes materiais. Son: Arteviares, Estilo Aramar, Escola Mestre Mateo, Suso Calo, Zeltia ao Aire, Ana Freiría, Janet Schulz, Mar Barral, Olería de Buño, Ondas do Mar e Susi Gesto.

A XXXII Mostra do Encaixe de Camariñas está a deixar claro que o desfile de ‘ArtEncaixe’, que debutou na atípica Mostra celebrada no mes de outubro do ano 2021, chegou para quedarse e está a triunfar entre o público asistente.

Este ano volven a ser 12 os artesáns chegados de toda Galicia que demostran que o encaixe é versátil e pode adaptarse a diferentes materiais como complemento de moda. 

Unha das principais novidades desta edición é a participación do alumnado de 1º de xoiería da Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo, de Santiago de Compostela. Completan o desfile: Arteviares, Estilo Aramar, Suso Calo, Zeltia ao Aire, Ana Freiría, Janet Schulz, Mar Barral, Olería de Buño, Ondas do Mar e Susi Gesto.

Posts relacionados

Sastrecillo valiente será a homenaxe de Esteban Freiría ao traballo de todas as modistas e xastres

Sastrecillo valiente será a homenaxe de...

O deseñador vigués, afincado en Málaga, emprega nun 90% teas recicladas que combina co Encaixe de Camariñas, intentando que o…
Esteban Freiría e Claudina Mata, na  XXXIII Mostra do Encaixe de Camariñas

Esteban Freiría e Claudina Mata, na ...

O deseñador galego afincado en Marbella, Esteban Freiría, presentará unha colección na que mestura a moda urbana co encaixe. La…
<strong>Esteban Freiría converterá “en una discoteca de moda” a pasarela da XXXII Mostra do Encaixe de Camariñas</strong>

Esteban Freiría converterá “en una discoteca...

O deseñador galego, afincando en Marbella, repetirá na Mostra por noveno ano consecutivo e cree que “Camariñas está más de…
gl_ESGL_ES
Logo-XXXIV-Mostra-do-Encaixe-min
Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.