A Mostra do Encaixe de Camariñas ve reforzada a aposta da Deputación

Debido a este novo acordo o evento pasará a chamarse oficialmente Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña. O ente provincial aumentará a súa presenza en tódolos espazos da Mostra.

A Mostra do Encaixe de Camariñas ve reforzada a aposta da Deputación da Coruña que, consciente da importancia do evento e da proxección internacional que está a ter ano tras ano, decidiu aumentar o seu apoio ao evento, que este ano celebrará do 8 ao 12 de abril a súa trixésima edición.

Así, tanto o Concello de Camariñas como a Deputación da Coruña, chegaron a un novo acordo para aumentar a presenza do ente provincial no evento, que xa apoiaba firmemente ano tras ano. A acción máis importante neste novo escenario será o cambio de nome da Mostra, que pasará a chamarse oficialmente Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña, incorporando así como apelido á administración presidida por Valentín González Formoso.

Ademais, nesta edición a Deputación estará presente na imaxe oficial (carteis, vídeo, stands, camisetas…) da Mostra do Encaixe de Camariñas ao mesmo nivel que o Concello. Por outra banda, patrocinará tamén o primeiro premio do XXVII Concurso de Noveis Deseñadores.

Con este acordo o Concello de Camariñas consigue un novo apoio no seu camiño de aumentar a proxección, tanto nacional como internacional da Mostra, e tamén para conseguir a declaración como festa de interese turístico nacional.

Posts relacionados

En Semana Santa, o fío convértese en arte na XXXV Mostra do Encaixe Deputación da Coruña 

En Semana Santa, o fío convértese...

Hoxe tivo lugar a inauguración oficial do evento, na que cortaron a cinta a alcaldesa de Camariñas, a deputada provincial…
‘Un mar de piques’ que encherá a Semana Santa na XXXIV Mostra do Encaixe Deputación da Coruña

‘Un mar de piques’ que encherá...

Hoxe tivo lugar a inauguración oficial do evento, na que cortaron a cinta a alcaldesa de Camariñas, o presidente da…
‘Camariñas Sorprende’, a reivindicación da XXXIII Mostra do Encaixe durante a Semana Santa

‘Camariñas Sorprende’, a reivindicación da XXXIII...

Hoxe tivo lugar a inauguración oficial do evento, na que cortaron a cinta a alcaldesa de Camariñas, a vicepresidenta segunda…
gl_ESGL_ES
Logo-XXXIV-Mostra-do-Encaixe-min
Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.