A nova web da Mostra do Encaixe estará traducida a cinco idiomas

Ademais do galego actual incorporaranse o castelán, inglés, italiano e portugués. Estes dous últimos idiomas en homenaxe aos nosos pobos irmáns de Novedrate e Peniche

O departamento da Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña continúa co seu plan para consolidar a internacionalización que está a experimentar o evento nos últimos anos, converténdose na pasarela de moda por excelencia durante a Semana Santa en España e situando o encaixe como un elemento de vangarda para a alta costura.

Para iso o Concello de Camariñas, ademais de presentar unha solicitude formal para que sexa considerada como festa de interese turístico nacional, creou unha nova páxina web específica para a Mostra www.mostradoencaixe.es , que xa se pode ver desde hai uns meses só en galego e que se pretende traducir a outros catro idiomas.

Aproveitando o confinamento derivado da crise sanitaria orixinada pola expansión da COVID-19, o departamento da Mostra do Encaixe quixo acelerar os prazos e xa está a rematar a tradución ao castelán e ao inglés. Logo, incorporaranse o portugués e o italiano en homenaxe aos pobos irmáns de Peniche (Portugal) e Novedrate (Italia).

A concelleira delegada da Mostra, Encarna Liñeiro, explicou que este “é un paso moi importante xa que cada ano acoden á Mostra numerosas delegacións de diferentes continentes e queremos que, ao longo do ano, poidan estar informados ao detalle de todas as accións que se van levando a cabo ao redor do encaixe”.

Ademais, Liñeiro recalcou que “a estratexia que seguimos coa tradución da web é a da internacionalización do Encaixe de Camariñas nos mercados nos que realmente existe demanda de esta artesanía como son os nosos irmás de Portugal e Italia. Ademáis de que serve para seguir estreitando os vínculos con estas localidades coas que tan unidos estamos”.

Posts relacionados

Edith del Valle “dará rienda suelta a la creatividad para ser yo misma” na XXXII Mostra do Encaixe de Camariñas

Edith del Valle “dará rienda suelta...

A deseñadora compostelá, agora afincada en Madrid, traerá unha colección na que “el eje principal es la dualidad de mezclar…
Álvaro Castillo, gañador do Concurso de Nóveis Deseñadores da XXXI Mostra do Encaixe

Álvaro Castillo, gañador do Concurso de...

Álvaro Castillo convértese no gañador do XXVIII concurso de Noveis Deseñadores coa colección Remind. Mëu Kiez, de Pablo González Moreno…
As receitas de Camariñas e La Turballe cocíñanse na pasarela da XXXI Mostra do Encaixe

As receitas de Camariñas e La...

Hoxe presentouse o recietario ‘La Turballe e Camariñas comparten mesa’, froito dun traballo conxunto entre ambas localidades e a Asociación…
gl_ESGL_ES
Logo-XXXIV-Mostra-do-Encaixe-min
Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.