Julia de la Cal, unha das artesás na novidosa sección ArtEncaixe no XXX aniversario da Mostra

Julia de la Cal será unha das artesás que conformen a novidosa sección ArtEncaixe no XXX aniversario da Mostra. ‘La Parabólica’ é artesanía, deseño e centra a súa actividade na cestería.

Julia de la Cal, a cesteira e deseñadora que hai detrás de ‘La Parabólica’, será unha das artesás que conformen a novidosa sección ArtEncaixe, que se estrea no XXX aniversario da Mostra do Encaixe Deputación da Coruña que se celebrará do 8 ao 12 de outubro de 2021.

‘La Parabólica’ centra a súa actividade na cestería, concretamente nos servizos de cestería: dende a creación de pezas de uso cotián coma una cesta ou un bolso, mobiliario e iluminación, ate cestería aplicada ao paisaxismo e ao interiorismo, instalacións artísticas, intervencións no espazo, obradoiros e actividades docentes.

En 2004, Julia de la Cal trasladouse a Barcelona para estudiar Deseño Gráfico e Industrial na Escola Massana, onde tamén cursou o posgrao de Artesanía e Deseño. En Barcelona desenvolveu a súa carreira coma deseñadora e brand manager durante máis de 10 anos.

Deseño de Julia de la Cal
Deseño de Julia de la Cal

A finais de 2015 volveu a Galicia, onde obtivo a Carta de Artesanía e continúa traballando tanto no campo do deseño como no da cestería. Na actualidade colabora con diferentes entidades e profesionais, desenvolvendo obradoiros participativos e impartindo cursos de cestería tradicional e contemporánea, participando en feiras e encontros dentro e fóra de Galicia e cultivando o seu propio vimbio.

Para Julia de la Cal, participar na XXX Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña é “todo un orgullo”, unha oportunidade de “amosarlle ao mundo as pezas feitas a man, elaboradas dun xeito único e transmitir as emocións que o Encaixe lle outorga á manufactura”, subliña.

Posts relacionados

Estefanía Orgaz e Pedro Orgaz convértense de novo nos gañadores do XXXII concurso de Noveis Deseñadores coa colección Albor

Estefanía Orgaz e Pedro Orgaz convértense...

Esta é a primeira vez na historia do certame que uns participantes gañan o primeiro premio por segundo ano consecutivo. …
Arrinca o XXXII Concurso de Noveis Deseñadores con 29 promesas da moda

Arrinca o XXXII Concurso de Noveis...

Hoxe desfilaron pola pasarela da XXXV Mostra do Encaixe os grupos ‘A’ e B’ do certame.  En total son 25…
Trinta e catro promesas da moda participarán no XXXII Concurso de Noveis Deseñadores da Mostra do Encaixe de Camariñas 

Trinta e catro promesas da moda...

Hoxe déronse a coñecer os noveis deseñadores finalistas deste evento, que pertencen a escolas de diferentes puntos de Galicia e…
gl_ESGL_ES