Jorge de Álvarez, o paso de Noveis a Grandes Deseñadores cristaliza na XXXI Mostra do Encaixe de Camariñas

Será a primeira participación no desfile de grandes firmas do deseñador tras gañar en 2018 o certame de Noveis Deseñadores. O vianés, que ven de vestir ás Tanxugueiras, quere que “os noveis vexan que as metas poden conseguirse a base de traballo e sacrificio”.

O deseñador de Viana do Bolo, Jorge de Álvarez, dará na XXXI Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña o paso ao desfile de Grandes Deseñadores despois de ser o gañador do certame de Noveis Deseñadores no ano 2018.

“Quero que os noveis vexan que un rapaz coma min, que estivo do seu lado no concurso, agora pode estar coas grandes firmas e iso é moi importante porque as metas poden conseguirse a base de traballo e sacrificio”, explica o deseñador.

Colección Royalty gañadora na Mostra 2028

Jorge de Álvarez, que está a vivir uns últimos meses moi atarefados tras ser o encargado de vestir ás Tanxugueiras para a súa actuación no concurso que daba acceso a Eurovisión, sinte “felicidade porque na Mostra conten comigo para ser parte do xurado e poder presentar a miña nova colección”. “É un orgullo porque foi o lugar que me veu nacer, por así decilo”, confesa.

A colección que traerá á Mostra trata “sobre as guerras persoais que sufrimos a maior parte das persoas e que non se ven pero están aí, o vestiario está inspirado en indumentarias militares de distintas épocas”. Aclara que “está feita desde o mes de novembro, non ten nada que ver co horrible conflito bélico que se está a vivir en Ucraína”.

Posts relacionados

En Semana Santa, o fío convértese en arte na XXXV Mostra do Encaixe Deputación da Coruña 

En Semana Santa, o fío convértese...

Hoxe tivo lugar a inauguración oficial do evento, na que cortaron a cinta a alcaldesa de Camariñas, a deputada provincial…
‘Un mar de piques’ que encherá a Semana Santa na XXXIV Mostra do Encaixe Deputación da Coruña

‘Un mar de piques’ que encherá...

Hoxe tivo lugar a inauguración oficial do evento, na que cortaron a cinta a alcaldesa de Camariñas, o presidente da…
‘Camariñas Sorprende’, a reivindicación da XXXIII Mostra do Encaixe durante a Semana Santa

‘Camariñas Sorprende’, a reivindicación da XXXIII...

Hoxe tivo lugar a inauguración oficial do evento, na que cortaron a cinta a alcaldesa de Camariñas, a vicepresidenta segunda…
gl_ESGL_ES
Logo-XXXIV-Mostra-do-Encaixe-min
Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.