O son dos palillos, os reencontros e as gañas de pasalo ben enchen a IX Festa da Palilleira de Camariñas

Máis de 450 encaixeiras, chegadas de Galicia e doutros puntos de España, participaron nunha xornada que xirou ao redor do encaixe pero na que tamén houbo un mercado de Nadal e outros postos. “Por fin volvemos a recuperar un evento que para as que nos gusta o mundo do palillo é máis unha festa que outra cousa”, salientou Sandra Insua.

Tras dous anos de ausencia, a IX Festa da Palilleira de Camariñas volveu por todo o alto, con máis de 450 palilleiras chegadas desde diferentes puntos de Galicia e doutras partes de España (Soria, Asturias…) para desfrutar dun evento no que os protagonistas foron o son dos palillos, os reencontros e as gañas de pasalo ben.

Foron aínda moitas máis as persoas que se achegaron durante toda a xornada ao pavillón para ver de primeira man a arte do palillo e do encaixe de camariñas e, ademais, botar unha ollada ao Mercado de Nadal con comercios especializados en encaixe e tamén outras tendas locais e dos arredores, sumado aos stands das comisións de festas do Carmen, Xaviña e Ponte do Porto.

O son dos palillos, os reencontros e as gañas de pasalo ben enchen a IX Festa da Palilleira de Camariñas

Ademais, co obxectivo de implicar nesta festa a todos os veciños e veciñas de Camariñas, instalaronse hinchables durante toda a xornada e, pola tarde, realizouse o sorteo de dez chales de encaixe doados polas asociacións Rendas e Puntillas.

Na apertura da xornada a alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, deulle a benvida a todas as asociacións participantes e salientou que “por fin volvemos a recuperar un evento que para as que nos gusta o mundo do palillo é máis unha festa que outra cousa”. “Estou segura de que hoxe, despois de tanto tempo, é un día de reencontros para moitas de vós. Unha xornada para poñervos ao día, para contar as vosas vivencias e, sobre todo, para desfrutar ao redor dos palillos”, afirmou.

Ademais, a rexedora lembrou que “a Festa da Palilleira volve a ser a antesala da Mostra, o evento de referencia para todas e todos nós. Hoxe comezan a repenicar os palillos con ese son inconfundible que xa permanecerá neste pavillón ata Semana Santa”.

O son dos palillos, os reencontros e as gañas de pasalo ben enchen a IX Festa da Palilleira de Camariñas

Posts relacionados

Ao redor de 10.000 persoas viviron durante 5 días o agardado regreso da Mostra do Encaixe

Ao redor de 10.000 persoas viviron...

O protocolo COVID deseñado pola organización, con control de aforos e redución de espazos, fixo que o evento se celebrase…
Anna García Viu convértese na gañadora do XXVII concurso de Noveis Deseñadores coa colección The Beautiful Brut

Anna García Viu convértese na gañadora...

Enxebre II, de Rocío Molina López e Alba Cobos Ropero acadou o segundo posto do certame, mentres que Déjame Encajar,…
Camariñas premia a traxectoria de catro palilleiras que participaron nas 30 edicións da Mostra do Encaixe

Camariñas premia a traxectoria de catro...

Carmen Carrera, Matilde Isabel García, María Rosa Liñeiro e Carmen Bugallo, recibiron este recoñecemento. A concelleira de Encaixe, Encarna Liñeiro,…
gl_ESGL_ES
Logo-XXXIV-Mostra-do-Encaixe-min
Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.