Gubem Event volverá encargarse da pasarela da XXXV Mostra do Encaixe de Camariñas

A empresa galega, da que está á fronte o vimiancés Damián Álvarez, será a encargada de coordinar a pasarela por quinto ano consecutivo. “Apostamos, por unha coidada selección de modelos así como por uns constantes cambios de coreografías e da estrutura dos desfiles”, explica Damián.

A pasarela da XXXV Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña está a destacarse como unha referencia nacional a nivel organizativo e de proposta visual, presentando desfiles estruturados, dinámicos e entretidos para o público, tanto para o máis experto como para os que se achegan por primeira vez ao mundo da moda.  

A empresa galega Gubem Event será, un ano máis, a responsable da organización e coordinación da pasarela da Mostra do Encaixe de Camariñas, consolidando así o seu papel nun dos eventos máis relevantes do calendario da moda en Galicia.

Á fronte da empresa atópase o modelo internacional Damián Álvarez, quen lidera un proxecto que combina experiencia no sector da moda e capacidade organizativa, aportando unha visión profesional e actual á posta en escena dos desfiles.

Dende a chegada de Gubem Event á coordinación da pasarela, a Mostra experimentou un notable aumento de afluencia de público, reflexo dun formato máis dinámico, atractivo e adaptado ás novas tendencias do sector.

“Apostamos por unha coidada selección de modelos, incorporando perfís diversos e de gran interese, así como por uns constantes cambios de coreografías e da estrutura dos desfiles. O obxectivo é ofrecer unha pasarela viva, variada e sorprendente, onde cada pase se converta nun auténtico espectáculo”, explica Damián.

Para esta nova edición, Gubem Event adianta que haberá novidades que reforzarán a experiencia do público e seguirán posicionando a Mostra do Encaixe de Camariñas como un referente que combina tradición e moda contemporánea.

Posts relacionados

¿Onde está o encaixe no cartel da XXX Mostra?

¿Onde está o encaixe no cartel...

Neste post, a nosa experta palilleira, desvelanos tódolos secretos do smoking do protagonista do cartel da XXX Mostra do Encaixe…
Spot da XXX Mostra do Encaixe de Camariñas

Spot da XXX Mostra do Encaixe...

O Spot da XXX Mostra do Encaixe de Camariñas, protagonizado por Damián Álvarez e Tamara Rey e íntegramente realizado por…
gl_ESGL_ES
Logo-XXXIV-Mostra-do-Encaixe-min
Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.