Dolores Cortés confirmou hoxe a súa presenza na XXXII Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña, e participará cunha sorpresa: dúas pezas brancas e catro estampadas, tratándose da primeira vez que aposte por esta fórmula ‘4+2’. A cor predominante será o azul, que lembra ao mar.
A deseñadora valenciana afirma que “encántame estar en Camariñas un ano máis, non só pola amabilidade coa que me tratan sempre, senón porque é un municipio que me encanta. A nivel profesional, é un escaparate importantísimo para min, xa que se trata doutra maneira de achegar ao público as miñas coleccións”, achega Cortés.
“Gustaríame felicitar á organización por facer o que están facendo, algo tan propio, tan identitario e marabilloso como é o Encaixe de Camariñas, ensalzando o produto pero tamén a maneira de facelo, cuxas protagonistas son as palilleiras”, enfatizando que “unha das mellores cousas da Mostra é comprobar ano tras ano que existe relevo xeracional”.