O deseñador galego Esteban Freiría deseña máscaras sanitarias con encaixe de Camariñas

O artista vigués afincado en Marbella materializou as súas creacións baseándose en dúas ideas principais: moda nupcial e moda étnica.

O deseñador galego Esteban Freiría deseña máscaras sanitarias con encaixe de Camariñas. O artista vigués afincado en Marbella materializou as súas creacións baseándose en dúas ideas principais: moda nupcial, confeccionada con tela elástica de cor carne, con encaixe bordado e ‘ribeteado’ con encaixe de Camariñas, e motivos florais de latón coa firma de Ana Freiría, a súa sobriña.

O segundo modelo, baseado no etnicismo, está confeccionada con tela vaqueira e adornada con encaixe e contas de madeira. Todos os modelos levan un bolsillo interior para introducir o filtro TNT. Este último, ademais, xa está vendido para clientes galegos.

Cabe destacar que os modelos son todos personalizados, creados de xeito individual para que “ningunha persoa repita modelo”, indica o deseñador.

“Esto surxiu da necesidade de poñerse a traballar. Eu vivo nun lugar onde traballo moito para eventos, festas, hoteis… e hai que adaptarse. Desde o primeiro día moitas persoas me chamaban e decidinme por facer máscaras sanitarias. Púxenme en contacto con persoas do sector sanitario que me indicaron a mellor maneira de executar estes traballos”, comenta o deseñador.

Mascarillas realizadas por Esteban Freiría
Mascarillas realizadas por Esteban Freiría

Posts relacionados

O encaixe traspasa fronteiras no desfile das Delegacións Internacionais da XXXV Mostra do Encaixe

O encaixe traspasa fronteiras no desfile...

Chegan desde diferentes países: Eslovaquia, Portugal, Bulgaria, Arxentina, Italia, Polonia e España. As voluntarias e voluntarios da Mostra son os…
O encaixe traspasa fronteiras no desfile das Delegacións Internacionais da XXXIV Mostra do Encaixe

O encaixe traspasa fronteiras no desfile...

Chegan desde diferentes países: Arxentina, Bulgaria, Hungría, Italia, Portugal, Polonia e España. As voluntarias e voluntarios da Mostra son os…
A XXXIII Mostra do Encaixe de Camariñas sorprende a 16.689 persoas

A XXXIII Mostra do Encaixe de...

O día de maior afluencia foi o venres, 29 de marzo, con 6.318 persoas. A destacar o espectacular número de…
gl_ESGL_ES
Logo-XXXIV-Mostra-do-Encaixe-min
Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.