Convocadas as bases do XXIX certame de Noveis Deseñadores da XXXII Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña

O prazo para presentar os traballos remata o 2 de decembro de 2022. Repartiranse 4.500 euros en premios, coa novidade este ano da categoría á colección máis comercial.

O Concello de Camariñas ven de facer públicas no Boletín Oficial da Provincia (BOP) as bases do XXIX certame de Noveis Deseñadores para a XXXII Mostra do Encaixe De Camariñas Deputación da Coruña, que se celebrará entre os días 5 e 9 de abril do ano 2023.

O principal obxecto do concurso é fomentar e promocionar a aplicación do Encaixe de Camariñas na moda, concedéndose mediante a valoración do xurado oficial tres premios ás mellores coleccións. Nesta edición estrease unha nova categoría, a da colección máis comercial.

O primeiro premio constará de 2.100 euros, o segundo de 1.200 euros, e tanto o terceiro como o premio á colección máis comercial terán unha dotación económica de 600 euros cada un

O prazo para presentar os traballos comeza hoxe, martes 23 de agosto, e remata o 2 de decembro do 2022. Os catro deseños que compoñan a colección teñen que ter aplicado encaixe de Camariñas e non serán aceptados os que presente outro encaixe diferente.

Poden concorrer á convocatoria todos os noveis deseñadores con independencia da súa nacionalidade ou país de residencia, sempre que sexan alumnas e alumnos que estean cursando estudios nos centros que impartan ensinanzas de deseño e técnicas de confección, teñan ou non os seus estudos rematados; e todas aquelas persoas vencelladas o mundo do deseño que, aínda sendo profesional no campo da moda, por manter unha relación contractual ou autónoma con algunha empresa do sector, non formen parte do equipo de deseño da mesma.

A participación poderá facerse individualmente ou en grupo, neste último caso sendo o máximo de integrantes tres persoas. Cada aspirante presentará unha colección composta por 4 deseños. O tema e a modalidade é libre tanto para moda masculina como feminina. Quedan excluídos os deseños de moda infantil.

Para a presentación da documentación, poderá facerse na Casa do Concello de Camariñas, praza de Insuela número 57, en horas de oficina, de 9:00 a 14:00 horas de luns a venres, e por correo postal certificado.

A concelleira da Mostra, Encarna Liñeiro, agarda “que o concurso continúe a tendencia positiva dos últimos anos, nos que o nivel está sendo impresionante” e a directora da Mostra, Dolores Lema, afirma que “este certame xa está totalmente consolidado como referencia a nivel nacional para os rapaces e rapazas que están dando os seus primeiros pasos no mundo da moda”.

Posts relacionados

A Mostra do Encaixe busca modelos locais para os desfiles da Mostra Virtual

A Mostra do Encaixe busca modelos...

A segunda Mostra Virtual busca modelos locais para participar nos vídeos das coleccións de Jóvenes Deseñadores. Calquera persoa que estea…
gl_ESGL_ES
Logo-XXXIV-Mostra-do-Encaixe-min
Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.