Este venres 8 de octubre comeza o espectácula da XXX Mostra do Encaixe de Camariñas

12 grandes firmas, 11 participantes na sección ArtEncaixe, 24 noveis deseñadores, encontros de palilleiras e moito máis na XXX Mostra do Encaixe Deputación da Coruña. O evento arrincará mañá oficialmente ás 17:00 horas, e previamente celebrarase un Pleno extraordinario para investir a Xosé Luis Blanco Campaña como fillo predilecto do municipio.

Este venres 8 de outubro, arrincará o triséximo aniversario da Mostra do Encaixe Deputación da Coruña, que contará, ata o martes 12 de outubro, cun total de 12 grandes firmas, 11 participacións na novidosa sección ArtEncaixe, encontros de palilleiras, o concerto da París de Noia, música tradicional (a cargo dos grupos de gaitas ‘Abrindo Rejo’, ‘Con todo en banda’ e ‘Vaiche boa’), a presentación da plataforma en liña MerCamariñas, unha proxección tridimensional e diversas exposicións.

Previamente á inauguración oficial, que está prevista para mañá, venres 8 de outubro, ás 17:00 horas da tarde, celebrarase un pleno extraordinario da corporación camariñana para investir como fillo predilecto do municipio a Xosé Luis Blanco Campaña.

Na inauguración intervirán a alcaldesa, Sandra Insua; o delegado do Goberno, José Miñones; e o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso.

Ás 18:30 horas celebrarase o desfile PequeEncaixe, para posteriormente dar paso á presentación da pasarela de grandes firmas co modelo internacional Damián Álvarez, e pechará a xornada o desfile de grandes deseñadores.

Lembrar que como o aforo será limitado, sempre tendo en conta a normativa sanitaria, será indispensable contar con entrada antes de acceder ao recinto habilitado. O custe será de dous euros para o pase xeral, dous euros para cada desfile e poderase adquirir un pase para a xeral e un desfile por tres euros. Será indispensable o uso de máscara sanitaria.

Desde a organización destacan a “relevancia de todo un triséximo aniversario, polo que levamos traballando durante máis de dous anos e agardamos que a realidade supere ás expectativas, que de por sí son moi elevadas”, transmiten.

Posts relacionados

Ao redor de 10.000 persoas viviron durante 5 días o agardado regreso da Mostra do Encaixe

Ao redor de 10.000 persoas viviron...

O protocolo COVID deseñado pola organización, con control de aforos e redución de espazos, fixo que o evento se celebrase…
Anna García Viu convértese na gañadora do XXVII concurso de Noveis Deseñadores coa colección The Beautiful Brut

Anna García Viu convértese na gañadora...

Enxebre II, de Rocío Molina López e Alba Cobos Ropero acadou o segundo posto do certame, mentres que Déjame Encajar,…
Camariñas premia a traxectoria de catro palilleiras que participaron nas 30 edicións da Mostra do Encaixe

Camariñas premia a traxectoria de catro...

Carmen Carrera, Matilde Isabel García, María Rosa Liñeiro e Carmen Bugallo, recibiron este recoñecemento. A concelleira de Encaixe, Encarna Liñeiro,…
gl_ESGL_ES
Logo-XXXIV-Mostra-do-Encaixe-min
Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.