Camariñas presentará a XXXII Mostra do Encaixe en Madrid, na Feira Internacional de Turismo ‘Fitur’ 2023

Sandra Insua presentará a trixésimo segunda edición da Mostra o xoves 19 de xaneiro no stand de Turespaña. Darase a coñecer o motivo e o vídeo promocional do evento, que terá lugar do 5 ao 9 de abril baixo o lema ‘Camariñas está de moda’. O cartel desta edición mestura o encaixe, aplicado á moda, coa paisaxe máis recoñecible de Camariñas no mundo: o Cabo Vilán.. A Mostra volverá a lucir nas pantallas de Callao e Gran Vía durante toda a semana.

O Concello de Camariñas volve, outro ano máis, á Feira Internacional de Turismo (FITUR) que se celebra en ifema (Madrid) para presentar, este xoves ás 18:30 horas no stand de Turespaña, a XXXII Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña.

A alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, será a encargada de dar a coñecer o motivo escollido para este ano e o vídeo promocional do evento, que se celebrará do 5 ao 9 de abril baixo o lema ‘Camariñas está de moda’.

No cartel desta trixésimo segunda edición, que se fai público hoxe, pódese ver a unha muller vestida con encaixe apreciando, desde unha pasarela en Reira, a paisaxe máis recoñecible de Camariñas en todo o mundo: o Cabo Vilán e o seu Faro, flanqueado polo impoñente e bravo océano Atlántico.

Cartel da XXXII Mostra do Encaixe de Camariñas

Cartel da XXXII Mostra do Encaixe de Camariñas
Cartel da XXXII Mostra do Encaixe de Camariñas

Pantallas no centro de Madrid

Para contribuír á difusión da XXXII Mostra do Encaixe o Concello de Camariñas, ao igual que xa fixera no ano 2020 e no 2022, decidiu levar a Mostra do Encaixe a pleno centro de Madrid. Así, aproveitando a presentación da Mostra en FITUR, programou que durante toda a semana do 16 ao 22 de xaneiro se proxecte nas grandes pantallas dixitais de Callao en Gran Vía un cartel promocional.

O obxectivo desta acción publicitaria é o de continuar a promocionar a Mostra do Encaixe e o turismo en Camariñas fora das nosas fronteiras, para afianzar o evento como capital da moda durante a Semana Santa e atraer un maior número de visitantes.

Posts relacionados

Estefanía Orgaz e Pedro Orgaz convértense de novo nos gañadores do XXXII concurso de Noveis Deseñadores coa colección Albor

Estefanía Orgaz e Pedro Orgaz convértense...

Esta é a primeira vez na historia do certame que uns participantes gañan o primeiro premio por segundo ano consecutivo. …
Arrinca o XXXII Concurso de Noveis Deseñadores con 29 promesas da moda

Arrinca o XXXII Concurso de Noveis...

Hoxe desfilaron pola pasarela da XXXV Mostra do Encaixe os grupos ‘A’ e B’ do certame.  En total son 25…
Trinta e catro promesas da moda participarán no XXXII Concurso de Noveis Deseñadores da Mostra do Encaixe de Camariñas 

Trinta e catro promesas da moda...

Hoxe déronse a coñecer os noveis deseñadores finalistas deste evento, que pertencen a escolas de diferentes puntos de Galicia e…
gl_ESGL_ES