Álvaro Castillo, gañador do Concurso de Nóveis Deseñadores da XXXI Mostra do Encaixe

Álvaro Castillo convértese no gañador do XXVIII concurso de Noveis Deseñadores coa colección Remind. Mëu Kiez, de Pablo González Moreno acadou o segundo posto do certame, mentres que El Taller, de Vanessa Parente e Beatriz Chan, quedou en terceiro lugar. O Premio especial do público recaeu nas mans de Pablo González Moreno con Mëu Kiez. Entregaron os premios Encarna Liñeiro, José Figueroa, Luis Canosa e José Manuel Ameal.

A xornada de clausura da XXXI Mostra do Encaixe de Camariñas serviu para coñecer aos gañadores do XXVIII concurso de Noveis Deseñadores. O primeiro premio, entregado pola concelleira do Encaixe, Encarna Liñeiro, recaeu nas mans de Álvaro Castillo, que conquistou ao xurado profesional coa súa colección Remind, para a que utilizou tecidos e prendas da súa avoa, que faleceu e á que lle quixo dedicar o premio.

O responsable da planta de Vilán de Stolt Sea Farm, José Figueroa, entregoullle o premio a Mëu Kiez, de Pablo González Moreno, que quedou en segundo lugar; mentres que a colección El Taller de Vanessa Parente e Beatriz Chan, que recibiu o premio de mans do fundador de Frigoríficos de Camariñas, Luis Canosa; acadou o terceiro posto. O “Premio especial do público”, entregado polo directivo da Asociación de Empresarios e Promoción Turística de Camariñas, José Manuel Ameal, foi tamén para Pablo González Moreno, con Mëu Kiez.

Álvaro Castillo, gañador do Concurso de Nóveis Deseñadores da XXXI Mostra do Encaixe

Nesta edición repartíronse un total de 4.500 euros en premios divididos do seguinte xeito: un primeiro premio de 2.100 euros, un segundo de 1.200 euros, un terceiro de 600 euros, e o “Premio especial do público”, tamén de 600 euros.

Optaron a estes galardóns un total de 25 mozas e mozos que están dando os seus primeiros pasos no mundo da moda. A procedencia dos noveis deseñadores foi moi diversa, xa que virán desde Asturias, Alicante, Guipúscoa, Pontevedra, Zaragoza, A Coruña, Cantabria, Zaragoza, Murcia ou Madrid. Formáronse nas mellores escolas a nivel estatal.

Álvaro Castillo, gañador do Concurso de Nóveis Deseñadores da XXXI Mostra do Encaixe

O xurado estivo composto polas seguintes deseñadoras e deseñadores: Amaya Fernández, Edith del Valle, Modesto Lomba (presidente), Inés Fernández, Charo Carrillo, Felipe Santamaría, Franco Quintáns, Jorge de Álvarez e Esteban Freiría.

Na clausura, a concelleira do Encaixe, Encarna Liñeiro, afirmou que “chegado este momento podemos dicir con orgullo que moitísima xente encaixa no paraíso, tanta que o slogan podería ser ‘Camariñas está de moda’.

No seu discurso fixo unha referencia ao regreso das Delegacións Internacionais xa que “compartir a nosa arte con outros países é unha proba de que a nosa forma de entender a vida non ten fronteiras. Somos unha gran familia, esteamos en Peniche, en Novedrate ou en Sofía”.

Premiados en la XXXI Mostra do Encaixe

Posts relacionados

Camariñas convoca as bases do XXXII concurso de Noveis Deseñadores da XXXV Mostra do Encaixe

Camariñas convoca as bases do XXXII...

O prazo para presentar os traballos remata o 1 de decembro de 2025.  Repartiranse 4.500 euros en premios, con galardóns…
A colección gañadora do XXXI Concurso de Noveis Deseñadores, protagonista dos Premios Martín Códax da Música

A colección gañadora do XXXI Concurso...

O encaixe de Camariñas foi un dos protagonistas dos Premios Martín Códax da Música, que se celebraron onte, mércores 28…
O ‘Mar de Piques’ da XXXIV Mostra do Encaixe Deputación da Coruña arrastra a 23.390 persoas e pulveriza todos os rexistros

O ‘Mar de Piques’ da XXXIV...

Este dato de asistencia é o máis alto desde o ano 2011. O mércores, o xoves e o domingo rexistráronse…
gl_ESGL_ES
Logo-XXXIV-Mostra-do-Encaixe-min
Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.