Alfonso de Sas, con ‘1898-El Padre Ausente’, e Xan e Antonio Fernández, con ‘A Costa da Morte, naturalmente única’, rematan as presentacións literarias da XXXV Mostra do Encaixe

A programación literaria consolídase no evento, que acolleu 5 presentacións nos últimos 3 días.  

Hoxe, sábado 5 de abril, remataron as presentacións literarias da Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña. Os autores protagonistas da xornada foron Alfonso de Sas, coa súa obra ‘1898-El Padre Ausente’ e Xan Fernández e Antonio Fernández, con ‘A Costa da Morte, naturalmente única’.

‘1898-El Padre Ausente’ é o broche de ouro a unha triloxía apaixonante que leva por título un dos lugares máis coñecidos de Camariñas: El cementerio de los ingleses. “Alfonso xa forma parte da familia da Mostra, e non hai mellor escenario ca este para celebrar o peche desta marabillosa aventura literaria”, salientou a alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua. 

Por outro lado, ‘A Costa da Morte, naturalmente única’, é un libro de gran formato impulsado pola Asociación de Profesionais de Turismo da Costa da Morte que conta cos maxistrais textos do investigador e escritor Xan Fernández Carrera e coas espectaculares fotografías de Antonio Fernández.

“Esta publicación nace coa vocación de ser o gran escaparate dos dezasete concellos que conformamos o noso xeodestino. A través das súas páxinas convídanos a descubrir o noso patrimonio e a nosa natureza, axudándonos a construír a nosa marca como un destino auténtico, inspirador e de calidade”, indicou a rexedora.

Programación consolidada

A programación literaria da Mostra continuou a consolidarse na XXXV Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña coas presentacións de: ‘Punto de Araña’, de Nerea Pallares; ‘A princesa dourada’, de Anxo Mouzo; ‘Ángeles acusadores’, de Diego Garrote; ‘1898 – El padre ausente’, de Alfonso de Sas; ‘A Costa da Morte, naturalmente única’ de Xan Fernández Carrera e Antonio Fernández. 

Posts relacionados

Os Noveis Deseñadores da anterior edición volven na XXXII Mostra do Encaixe de Camariñas

Os Noveis Deseñadores da anterior edición...

A pasarela da XXXII Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña estrea este ano un novo desfile, o ‘ReEncaixando’,…
O deseñador Esteban Freiría será embaixador español nun certame en Manila cunha das pezas presentadas na XXXI Mostra

O deseñador Esteban Freiría será embaixador...

Farao no concurso MDM de Filipinas cun dos traxes de ‘torero’ con detalles picassianos que foi a colección do deseñador…
Ao redor de 4.500 persoas asistiron onte á Mostra, o mellor dato de asistencia dun sábado dos últimos 11 anos

Ao redor de 4.500 persoas asistiron...

Os desfiles de Grandes e Noveis Deseñadores da tarde, acompañados da actuación de Xabier Díaz, fixeron de reclamo para que…
gl_ESGL_ES
Logo-XXXIV-Mostra-do-Encaixe-min
Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.