A XXXIII Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña: alternativas para todas as idades 

O programa desta festividade conta, ademais de con múltiples pasarelas e actos que enxalzan ás palilleiras e ao encaixe, con actividades como concertos, presentacións de libros ou o monólogo de Carlos Blanco.

A Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña celebrarase do mércores 27 ao domingo 31 de marzo. O programa desta festividade conta, ademais de con múltiples pasarelas e actos que enxalzan ás palilleiras e ao encaixe, con actividades como concertos, presentacións de libros ou o monólogo de Carlos Blanco. 

Non faltarán momentos para desfrutar da boa música con Astarot, Hydn e Lucía Pérez, que amenizarán distintos momentos en diferentes xornadas. Así, a encargada de ‘abrir’ os concertos da Mostra será Lucía Pérez o mesmo mércores 27 de marzo, no desfile de ‘Grandes Firmas’ contra as 19:00 horas da tarde. 

Hydn fará o propio o día seguinte, xoves 28 de marzo, ás 16:45 e ás 19:15 horas, coincidindo cos desfiles de Noveis Deseñadores dos grupos A e B. Por último, Astarot poñerá a súa sinatura musical á clausura o domingo 31 de marzo ás 19:30 horas. 

Durante os cinco días escoitarase nos pavillóns da Mostra, mesturado co son dos palillos, o folclore das agrupacións Abrindo Rejo, Con toda en banda, Vaiche Boa, Asociación Mar Devalado de Camelle e  Asociación As Cansorriñas. Tamén o VII Encontro de Corais no que participarán a Coral Polifónica Santa María de Cambre, a Coral Oliveira do Monte Branco e a Coral Brisas do Mar de Camariñas (domingo 31 ás 12:00 horas).

Aproveitarase o evento para a presentación de libros como ‘Querida Camariñas… Lo que debí decirte’ de Ainhoa Conde (xoves 28 de marzo ás 11:50 horas), ‘Tres Imperios’ de Alfonso de Sas (xoves 28 de marzo ás 12:20 horas), ‘Camariñas meu curruncho e Beldoña miña barca’, de Antonio Puertas Lema (venres 29 de marzo ás 12:00 horas) e ‘O pracer da chuvia’ de Manuel Vázquez (venres 29 de marzo ás 12:20 horas).
Nun dos pratos fortes do apartado cultural da Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña, Carlos Blanco executará o seu monólogo o sábado 30 de marzo ás 20:30 horas.

Posts relacionados

Ao redor de 10.000 persoas viviron durante 5 días o agardado regreso da Mostra do Encaixe

Ao redor de 10.000 persoas viviron...

O protocolo COVID deseñado pola organización, con control de aforos e redución de espazos, fixo que o evento se celebrase…
Anna García Viu convértese na gañadora do XXVII concurso de Noveis Deseñadores coa colección The Beautiful Brut

Anna García Viu convértese na gañadora...

Enxebre II, de Rocío Molina López e Alba Cobos Ropero acadou o segundo posto do certame, mentres que Déjame Encajar,…
Camariñas premia a traxectoria de catro palilleiras que participaron nas 30 edicións da Mostra do Encaixe

Camariñas premia a traxectoria de catro...

Carmen Carrera, Matilde Isabel García, María Rosa Liñeiro e Carmen Bugallo, recibiron este recoñecemento. A concelleira de Encaixe, Encarna Liñeiro,…
gl_ESGL_ES
Logo-XXXIV-Mostra-do-Encaixe-min
Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.