A recoñecida firma Aveda será a encargada do servizo de peiteado na pasarela da Mostra do Encaixe

A marca, que participa en desfiles por todo o mundo, desprazará un equipo de entre 8 e 10 persoas a Camariñas. “É un paso máis na consolidación da pasarela da Mostra como unha das referencias no ámbito da moda a nivel nacional”, destaca Encarna Liñeiro.

A recoñecida firma Aveda, con orixes en Minneapolis (Minnesota, EEUU) e que actualmente está integrada no grupo Estée Lauder será a encargada do servizo de peiteado que se porá ao dispor dos deseñadores e deseñadoras na XXXIV Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña.

A marca, que se afianzou como líder mundial na comercialización de cosméticos producidos a través de plantas e produtos botánicos, encárgase do peitado en desfiles por todo o mundo, como a New York Fashion Week, sendo esta a primeira vez que formará parte dun desfile en España.

Aveda desprazará a Camariñas, do 16 ao 20 de abril, un equipo multidisciplinar de entre 8 e 10 persoas. A través da colaboración cos deseñadores e deseñadoras, tanto do desfile de Grandes Deseñadores como do concurso de Noveis Deseñadores, a súa intención é aplicar as últimas tendencias de peiteado e, sobre todo, facer un traballo moi dinámico. 

A concelleira da Mostra, Encarna Liñeiro, destacou que “para nós é unha alianza moi importante xa que supón dar un paso máis na consolidación da pasarela da Mostra como unha das referencias no ámbito da moda a nivel nacional”.

Posts relacionados

A ilustradora ceense Laura Suárez, creadora do cartel da XXXIV Mostra do Encaixe 

A ilustradora ceense Laura Suárez, creadora...

“A idea era representar a tempestade pero tamén a calma, a solidez e o movemento dunha tradición con tanta historia…
O Concello leva a FITUR ‘Un mar de piques’ para promocionar a Mostra e afianzarse como destino turístico

O Concello leva a FITUR ‘Un...

A Feira Internacional de Turismo (FITUR) que se celebra do 22 ao 26 de xaneiro en IFEMA (Madrid) foi outro…
O Cabo Vilán e o seu impoñente faro chegan ao centro de Madrid da man da XXXII Mostra do Encaixe

O Cabo Vilán e o seu...

O Concello contratou unha inserción publicitaria para promocionar o evento durante toda a semana nas grandes pantallas de Callao e…
gl_ESGL_ES
Logo-XXXIV-Mostra-do-Encaixe-min
Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.