A praza de María Pita na Coruña será este sábado a primeira pasarela da XXXIV Mostra do Encaixe de Camariñas

Realizarase un desfile ás 19 horas no que se amosarán coleccións dos deseñadores Jose Matteos, Joaquín Ruíz, Anamingo, Andion Clothing e Ana Cabranes.  “Queremos que esta acción promocional sirva como promoción previa á Mostra, achegando o espírito do evento aos veciños e veciñas da Coruña”, explica Sandra Insua.

A Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña, que celebrará a súa trixésimo cuarta edición do 16 ao 20 de abril, avanza unha pequena parte do seu espírito creativo e artesanal este sábado 12 de abril na praza de María Pita da Coruña cun desfile-exhibición que servirá de antesala ao evento.

A cita comezará arredor das 19:00 horas e converterá o corazón da cidade herculina nun escaparate do talento dalgúns dos deseñadores participantes na Mostra. No caso de choiva, a actividade trasladarase aos soportais da praza.

No desfile exhibiranse as coleccións que presentaron en anteriores edicións da Mostra deseñadores como Jose Matteos, Joaquín Ruíz, Anamingo, Andion Clothing e Ana Cabranes. Dez modelos lucirán as súas creacións, cunha preparación previa que comezará ás 16:00 horas no estudo de Jennifer Fuentes, onde se encargarán da maquillaxe e do peiteado.

A alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, explica que “con esta acción promocional queremos achegar o espírito da Mostra aos veciños e veciñas da Coruña, reivindicando o valor do encaixe de Camariñas como símbolo de tradición, moda e innovación. Será un adianto do que se poderá vivir en Camariñas do 16 ao 20 de abril, nunha edición que volverá reunir palilleiras, deseñadores e amantes da cultura galega arredor do encaixe”.

A praza de María Pita na Coruña será este sábado a primeira pasarela da XXXIV Mostra do Encaixe de Camariñas

Posts relacionados

Ao redor de 4.500 persoas asistiron onte á Mostra, o mellor dato de asistencia dun sábado dos últimos 11 anos

Ao redor de 4.500 persoas asistiron...

Os desfiles de Grandes e Noveis Deseñadores da tarde, acompañados da actuación de Xabier Díaz, fixeron de reclamo para que…
O encaixe do mundo volta á pasarela da Mostra nunha xornada de estreas

O encaixe do mundo volta á...

Este xoves entraron en escena os desfiles do concurso de Noveis Deseñadores, do ArtEncaixe e das Delegacións Internacionais.
Ao redor de 10.000 persoas viviron durante 5 días o agardado regreso da Mostra do Encaixe

Ao redor de 10.000 persoas viviron...

O protocolo COVID deseñado pola organización, con control de aforos e redución de espazos, fixo que o evento se celebrase…
gl_ESGL_ES
Logo-XXXIV-Mostra-do-Encaixe-min
Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.