A Mostra do Encaixe amplía a súa oferta cultural con tres presentacións literarias

Ainhoa Conde, Ana de las Heras e Alfonso de Sas exporán ao público as súas derradeiras obras literarias, con Galicia e o mar como contexto.  O eido literario complementa unha programación variada que encherá de actividades culturais Camariñas durante cinco días.

A Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña continúa ampliando a súa oferta cultural. Nesta XXXII edición, que comezará o vindeiro mércores 5 de abril, o evento encaixeiro máis importante do mundo contará con tres presentacións literarias vencelladas a Galicia e ao mar. Trátanse das publicacións das autoras Ainhoa Conde e Ana de las Heras, ademais da do escritor Alfonso de Sas. 

A primeira destas presentacións será o xoves 6 de abril, ás 12:00 horas. Dentro da sala de desfiles, Ainhoa Conde, falará do seu libro ‘Devotos de destino. Alén do Vilán’. Trátase dunha obra de poesía que supón unha reflexión interna e de sentimentos por Galicia e o océano. Os fragmentos, baseados case na súa totalidade en vivencias da autora, reflicten 66 historias de amor, desalento, loita, sacrificio, alegría e morriña. Conde, nacida en Cee, compaxina a súa labor de poeta co traballo de inspectora de seguridade marítima. 

Pola súa banda, o venres 7 de abril, ás 12:00 horas, será o turno para Ana de las Heras e o seu libro ‘Travesías del sentir’. A escritora ofrece neste volume un conxunto de relatos corto cheos de humor, maxia e transformación que narran o cotiá dun xeito sinxelo grazas a pór o foco nos pequenos detalles que fan grande a vida. Nacida en Madrid e afincada en Oleiros, De las Heras é enxeñeira industrial ademais de autora.

Por último, o sábado 8 de abril, Alfonso de Sas presentará ‘El Cementerio de Los Ingleses’. A partires das 12:00 horas o autor ourensán falará dun libro de ficción que está inspirado no naufraxio do HMS Serpent nas costas de Camariñas en 1890, motivo polo cal se construíu o mítico cemiterio do mesmo nome. Na obra explórase a relación que xorden como consecuencia da traxedia entre os residentes no lugar e os membros do Imperio Británico. De Sas, nado en Ourense, estudou Dereito e traballou en Comercio Internacional antes de decidirse, xa xubilado, a publicar a súa primeira obra.

Estas tres presentacións literarias son parte dun programa longo e variado que compón a XXXII edición da Mostra do Encaixe e encherá de actividade Camariñas durante cinco días.

Posts relacionados

Máis talento para os desfiles de ArtEncaixe: Suso Calo – Lobo Tolo, Ondas do Mar e Mariví Santos Atelier 

Máis talento para os desfiles de...

O primeiro traerá á Pasarela Deputación da Coruña “unhas pezas inspiradas en deusas; será unha colección moi diferente a todas…
A olería de Buño retorna á Mostra do Encaixe con Feituras, O Rulo, Alfarería La Cacharrera e Risco Estudio

A olería de Buño retorna á...

Será na pasarela Deputación da Coruña, nos desfiles de ArtEncaixe, onde poidamos ver as creacións que combinan o Encaixe coas…
Lola Logaro, Ana Miguéns e Viviana Araujo sorprenderán no ‘ArtEncaixe’

Lola Logaro, Ana Miguéns e Viviana...

Lola Logaro presentará a súa colección ‘Prímula’, inspirada na primavera. Ana Miguéns chegará cunha colección de catro colares denominada ‘14’…
gl_ESGL_ES
Logo-XXXIV-Mostra-do-Encaixe-min
Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.