A firma galega Anamingo debutará na Mercedes-Benz Fashion Week Madrid con Encaixe de Camariñas

A firma de moda galega emerxente Anamingo presentará por primeira vez unha colección na prestixiosa pasarela Mercedes-Benz Fashion Week Madrid (MBFWM). A marca, que participou no desfile de Grandes Deseñadores da XXXIII Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña, dará a coñecer o 15 de setembro na capital de España a súa nova proposta, ‘Ajuar’, na que incorpora encaixe de Camariñas.

A colección ‘Ajuar’, profundiza na relación entre os elementos tradicionais do ajuar e as vivencias persoais que transforman un fogar co tempo. A través desta narrativa visual, Anamigo profundiza nas capas da memoria que os espazos domésticos acumulan. A colección evoca unha reflexión íntima sobre como os obxectos cotiás poden encherse de lembranzas y significado ao longo dos anos.

Para elaborar as súas pezas Anamingo contou con diversas colaboracións, entre as que a propia firma destaca “el apoyo del Concello de Camariñas con la incorporación del tradicional Encaixe de Camariñas en varias prendas, con un enfoque y revalorización de la cultura y la artesanía en una propuesta puramente contemporánea”. 

Anamingo participa na MBFWM grazas á plataforma Allianz Ego, que apoia e promove o talento emerxente na moda española. Ademais, Anamigo foi seleccionada como unha das finalistas para optar ao Premio Mercedes-Benz Fashion Talent, un prestixioso galardón que desde o 2013 destaca por descubrir e dar visibilidade a deseñadores emerxentes, contribuíndo a consolidar as súas carreiras.

Posts relacionados

Arrinca o XXXII Concurso de Noveis Deseñadores con 29 promesas da moda

Arrinca o XXXII Concurso de Noveis...

Hoxe desfilaron pola pasarela da XXXV Mostra do Encaixe os grupos ‘A’ e B’ do certame.  En total son 25…
Nerea Pallares, con ‘Punto de Araña’ e Anxo Mouzo, con ‘A Princesa Dourada’, estrean as presentacións literarias da XXXV Mostra do Encaixe

Nerea Pallares, con ‘Punto de Araña’...

Mañá, venres 3 de abril, e o sábado, 4 de abril, continuarán Diego Garrote, Alfonso de Sas, Xan Fernández Carrera…
O Encaixe de Camariñas brilla con luz propia nas coleccións dos Grandes Deseñadores da Mostra 

O Encaixe de Camariñas brilla con...

Son 12 as firmas que participan no desfile nesta edición: Ana Cabranes, Andion Clothing, Claudina Mata, Devota & Lomba, Innamoretto,…
gl_ESGL_ES
Logo-XXXIV-Mostra-do-Encaixe-min
Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.