A EASD Mestre Mateo repite participación no desfile de ‘ArtEncaixe’ da Mostra

Esta será a súa segunda aparición na Mostra e farano de novo co alumnado de 1º curso de Xoiería.  “Presentaremos pezas vistosas enfocados a un desfile como tiaras, un colar para as costas ou pendentes ”, explica a mestra Ana Seara.

 O desfile de ‘ArtEncaixe’ continúa, ano a ano, gañando puxanza,  consolidándose e atraendo a artesáns de diferentes puntos de Galicia para demostrar que o encaixe é versatil e pode adaptarse a diferentes materiais. Neste caso, na XXXIII Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña repetirá participación a Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo, de Santiago de Compostela.

Farano coa participación dos alumnos e alumnas do primeiro curso de Xoiería. “Para nós ten varios obxectivos: participar no desfile con xoiaría, e presentar as súas pezas en movemento, e facelo con modelos profesionais e cun público que recoñece a labor de axuntar artesanía e innovación en Galicia”, explica a mestra da EASD Mestre Mateo, Ana Seara. 

Ana adianta que “este ano levaremos pezas vistosas enfocadas a un desfile como tiaras, un colar pensado para as costas ou pendentes”. “Adoitan a ser de grandes dimensións, nas que traballamos principalmente co corte láser en base de madeira, por suposto aplicando o encaixe, e algunhas están policromadas con pan de ouro e pan de ouro oxidado, aproveitando que temos o modular de Dourado e Policromía na Escola”, engade. 

Para a EASD Mestre Mateo a experiencia do ano pasado “resultou moi positiva en tódolos sentidos. Permitiunos realizar un proxecto completo co alumnado de 1º curso, dende a idea persoal de cada un, facer probas e maquetas experimentando con diversos materiais que xeralmente non adoitamos a velos xuntos ou pensar en xoiaría”. 

Posts relacionados

Estefanía Orgaz e Pedro Orgaz convértense nos gañadores do XXXI concurso de Noveis Deseñadores coa colección Mitra

Estefanía Orgaz e Pedro Orgaz convértense...

Ritual de lume e sombra, de Yara González Barral, acadou o segundo posto do certame, mentres que Paint it colors,…
O encaixe traspasa fronteiras no desfile das Delegacións Internacionais da XXXIV Mostra do Encaixe

O encaixe traspasa fronteiras no desfile...

Chegan desde diferentes países: Arxentina, Bulgaria, Hungría, Italia, Portugal, Polonia e España. As voluntarias e voluntarios da Mostra son os…
A Mostra pon en valor a labor dos nenos e nenas da Escola Municipal de Palillo, o futuro do encaixe

A Mostra pon en valor a...

Despois do desfile de PequEncaixe recibiron como agasallo o libro ‘Un viaje por el espacio’, da camariñana Águeda Antelo. A…
gl_ESGL_ES
Logo-XXXIV-Mostra-do-Encaixe-min
Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.