A cervexa ‘Serpent’ será presentada na XXXI Mostra do Encaixe de Camariñas

A presentación será o xoves 14 de abril ás 18:30 horas na zona de cafetería pero poderá desgustarse calquera día no bar. O seu creador, César de León, natural de Dor, explica que estamos falando dun “produto gourmet” e que o seu obxectivo “non é vender volume, é vender calidade”. Polo momento hai 3 tipos de cervexa ‘Serpent’: unha lager, unha pale lager e unha ipa.

A XXXI Mostra do Encaixe de Camariñas será o marco da presentación oficial ao público da cervexa ‘Serpent’, un proxecto de César de León, natural de Dor (A Ponte do Porto) e criado en Xaviña, que, como o seu nome indica, ten un vínculo indiscutible con Camariñas e a súa historia.

“O proxecto nace no 2000 pero, por temas económicos, non puiden sacala adiante ata o 2021, ano no que comezamos a montar a fábrica cervexeira nunha nave do polígono de Carballo, para no mes de novembro iniciar a fabricación”, conta César de León.

Explica que polo momento hai tres tipos de cervexas ‘Serpent’: “unha lager, a típica cervexa que bebe todo o mundo; unha pale lager, moi similar á lager pero cambian as maltas; e unha franciscana, que é unha ipa con bastantes notas florais e sabor a lúpulo”. Ademais, avanza que “queremos sacar en breve unha tostada e unha sen glute”.

Membros do concello coa concesión da cafetería da XXXI Mostra
Membros do concello coa concesión da cafetería da XXXI Mostra

A presentación destas cervexas no pavillón da Mostra será o xoves 14 de abril ás 18:30 horas na zona de cafetería, da que tamén se encargará o propio César de León e na que poderá degustarse calquera das tres ‘Serpent’ durante todo o evento.

A súa idea de futuro é “trasladar a cervexeira a Camariñas”. O que non cambiará é a esencia do proxecto xa que “o meu obxectivo non é facer unha gran distribución, a miña cervexa está deseñada para ser un produto gourmet, non quero vender volume, quero vender calidade”.

A día de hoxe calquera persoa pode atopar a cervexa ‘Serpent’ en: Camariñas, no restaurante O Bico, no Club Náutico de Camariñas, no Marina, no bar Ariño, no restaurante O Rojo; e n Vimianzo, en Carballo, no faro de Finisterre ou no faro de Carnota.

Posts relacionados

Camariñas presentará a súa campaña turística e a a XXXIV Mostra do Encaixe en Madrid, na Feira Internacional de Turismo ‘Fitur’ 2025

Camariñas presentará a súa campaña turística...

Sandra Insua presentará o xoves 23 de xaneiro, no stand de Turespaña, a campaña turística para 2025 e a trixésimo…
‘Camariñas Sorprende’, a reivindicación da XXXIII Mostra do Encaixe durante a Semana Santa

‘Camariñas Sorprende’, a reivindicación da XXXIII...

Hoxe tivo lugar a inauguración oficial do evento, na que cortaron a cinta a alcaldesa de Camariñas, a vicepresidenta segunda…
Trinta e cinco promesas da moda participarán no XXX Concurso de Noveis Deseñadores da Mostra do Encaixe de Camariñas 

Trinta e cinco promesas da moda...

Hoxe déronse a coñecer os noveis deseñadores finalistas deste evento, que pertencen a escolas de diferentes puntos de Galicia e…
gl_ESGL_ES
Logo-XXXIV-Mostra-do-Encaixe-min
Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.