O departamento da Mostra envía 1.000 metros de encaixe aos 25 participantes do XXVIII Concurso de Noveis Deseñadores

Algúns dos deseñadores que participarán no concurso xa recibiron o encaixe, e noutros casos o material está en camiño para que poidan ter listas as súas pezas para o evento, que terá lugar do 13 ao 17 de abril.

O Concello de Camariñas, a través do departamento da Mostra do Encaixe, fixo o envío de 1.000 metros de encaixe de Camariñas para que os 25 participantes do XXVIII Concurso de Noveis Deseñadores poidan preparar as súas pezas para o evento, que se celebrará do 13 ao 17 de abril de 2022, durante a XXXI Mostra do Encaixe De Camariñas.

Os concursantes serán: José Daniel Teriffe, Egoitz Ruíz, Candela Mondelo e Natalia María González, Pablo Buendía e Jacobo Martí, Uxía Rodríguez, Andrea Piñeiro, Josu Santos, Álvaro Castillo, Enrique Sánchez, Nahomi Jiménez e Raquel Marina Blanco, Enrique Llera, Cantia Aparicio, Joaquín Ruíz, Vanessa Parente e Beatriz Chan, Sofía Sánchez, Llucía Miravalles, Alicia Rocamora, Orlinda Armandina Anchundia e Luigi Maldera, Bimba González e a de Pablo González.

A procedencia dos noveis deseñadores é moi diversa, xa que virán desde Asturias, Alicante, Guipúscoa, Pontevedra, Zaragoza, A Coruña, Cantabria, Zaragoza, Murcia ou Madrid. Formáronse nas mellores escolas a nivel estatal.

Desde o departamento da Mostra do Encaixe animan aos deseñadores e as deseñadoras noveis “a xogar coa versatilidade do encaixe, feito polas expertas mans das palilleiras” e amosan as súas gañas por “ver o que nos teñen preparado para esta ocasión os rapaces e as rapazas”.

Posts relacionados

Estefanía Orgaz e Pedro Orgaz convértense nos gañadores do XXXI concurso de Noveis Deseñadores coa colección Mitra

Estefanía Orgaz e Pedro Orgaz convértense...

Ritual de lume e sombra, de Yara González Barral, acadou o segundo posto do certame, mentres que Paint it colors,…
Arrinca o XXXI Concurso de Noveis Deseñadores con 38 promesas da moda e estréase a ‘Firma Emerxente’

Arrinca o XXXI Concurso de Noveis...

Hoxe desfilaron pola pasarela da XXXIV Mostra do Encaixe os grupos ‘A’ e B’ do certame.  En total son 26…
41 promesas da moda participarán no XXXI Concurso de Noveis Deseñadores 

41 promesas da moda participarán no...

O Concello de Camariñas fixo pública hoxe, venres 15 de decembro, a lista das 41 persoas finalistas que participarán no…
gl_ESGL_ES
Logo-XXXIV-Mostra-do-Encaixe-min
Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.