Saúdo de Encarna Liñeiro, Concelleira Delegada da XXX Mostra

A Concelleira de Cultura, Encaixe e Turismo a camariñana Encarna Liñeiro Pouso envíanos unhas palabras para dar a benvida nesta nova web da Mostra do Encaixe a todos os veciños e veciñas do Concello de Camariñas.

Estimados veciños e veciñas do Concello de Camariñas. É un orgullo para min, que formei parte dos voluntarios nas primeiras edicións da Mostra, ser a Concelleira de Cultura, Encaixe e Turismo e encargada da organización desta importantísima XXX Mostra do Encaixe de Camariñas. Como moitos de vos saberedes son filla e neta de palilleiras; aprendin a palillar de moi pequeniña, xunto a outras compañeiras miñas, na casa da mítica palilleira camariñana “A Casmaia”.

Hoxe vexo con orgullo como palillan as miñas fillas e como o noso patrimonio cultural e identitario máis importante sigue manténdose e crecendo a través das novas xeracións. Todo elo grazas ao empeño posto polos sucesivos gobernos do Concello de Camariñas que souberon protexer, dignificar e promocionar esta arte.

Nesta nova etapa do Concello de Camariñas continuaremos con ese tesón que nos transmitiron os nosos sucesores para conseguir novas metas que os tempos nos impoñen. Para min o Encaixe é a tradición, a cultura e a historia do noso concello. Unha seña de identidade que nos fai únicos no mundo. Porque existen moitos outros encaixes por todos os continentes, pero ningún como o noso: o Encaixe de Camariñas.

Posts relacionados

O Encaixe de Camariñas brilla con luz propia nas coleccións dos Grandes Deseñadores da Mostra 

O Encaixe de Camariñas brilla con...

Son 12 as firmas que participan no desfile nesta edición: Ana Cabranes, Andion Clothing, Claudina Mata, Devota & Lomba, Innamoretto,…
O deseñador andaluz José Perea, primeira confirmación dos Grandes Deseñadores da XXXV Mostra do Encaixe Deputación da Coruña 

O deseñador andaluz José Perea, primeira...

O recoñecido creador cordobés aterrará na pasarela galega esta Semana Santa xusto despois de presentar as súas coleccións en Malta…
Claudina Mata e Ana Cabranes, na  XXXIV Mostra do Encaixe de Camariñas

Claudina Mata e Ana Cabranes, na ...

A granadina Claudina Mata presentará “una colección cápsula nupcial en la que el encaje y las transparencias serán los grandes…
gl_ESGL_ES
Logo-XXXIV-Mostra-do-Encaixe-min
Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.