Un total de 23.440 persoas quixeron estar ‘Onde o fío se converte en arte’ e confirmaron á tendencia á alza da XXXV Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña, que continúa medrando ano a ano, consolidada xa como unha das propostas de ocio e cultura de referencia na Semana Santa en Galicia.
Outro ano máis, destaca sobre todos os días a xornada do venres, onde 6.760 entraron ao recinto. O segundo mellor día foi o xoves, con 6.054 asistentes.
Ademais, o mércores, o sábado e o domingo rexistráronse os números máis altos desde o ano 2011. O mércores visitaron a Mostra 1.700 persoas, o sábado 4.669 e o domingo fixeron o propio 4.256 persoas.
A Mostra, acompañada do bo tempo que fixo durante toda a semana e que deixou unha elevada afluencia de visitantes no municipio, segue a afianzarse como un dinamizador para o turismo e a hostelería de todo Camariñas pero sobre todo son os stands alí presentes os que se benefician do público chegado de todas as partes de Galicia, de España, e de diferentes puntos de todo o mundo que atrae o evento.




