A colección gañadora do XXXI Concurso de Noveis Deseñadores, protagonista dos Premios Martín Códax da Música

O encaixe de Camariñas foi un dos protagonistas dos Premios Martín Códax da Música, que se celebraron onte, mércores 28 de maio, en Pontevedra. Concretamente a través da colección gañadora do XXXI Concurso de Noveis Deseñadores da Mostra do Encaixe, ‘Mitra’, de Estefanía Orgaz e Pedro Orgaz, que foi o vestiario escollido pola presentadora da gala, a regueifeira coristanquesa Lupe Blanco.

Lupe Blanco, que luciu durante a gala dous dos vestidos da colección ‘Mitra’, explica que “quería levar algo que representase o meu traballo e a miña zona e pensei no encaixe de Camariñas, pero non sabía se habería a posibilidade. Un día, facendo unha actividade cos rapaces e rapazas do instituto de Camariñas, guiáronme e puxéronme en contacto co Concello, que me ensinou o vestiario”. 

“Desde o primeiro momento a min gustoume a colección ‘Mitra’ de Pedro e Estefanía e encaixábame porque quería enfocalo polas nosas tradicións. Probei tres modelos e os tres me ían ben pero, falando co departamento de produción dos premios, vimos que era imposible mudar de vestiario para poñelos todos así que tiven que decidirme por dous deles”, indicou. 

Pola súa parte, Estefanía e Pedro Orgaz comentan que “para nosotros supone ver que el gran trabajo artesanal que hicimos sigue teniendo vida y es muy satisfactorio ver que no solo se quedó en la pasarela del certamen si no que también le han dado vida en este evento y esperamos que en alguno más”. “Al final es un trabajo artesano con muchas horas y muchos detalles hechos a mano que merecen seguir teniendo repercusión”, añaden.

A colección gañadora do XXXI Concurso de Noveis Deseñadores, protagonista dos Premios Martín Códax da Música

Posts relacionados

O Encaixe de Camariñas brilla con luz propia nas coleccións dos Grandes Deseñadores da Mostra 

O Encaixe de Camariñas brilla con...

Son 12 as firmas que participan no desfile nesta edición: Ana Cabranes, Andion Clothing, Claudina Mata, Devota & Lomba, Innamoretto,…
O deseñador andaluz José Perea, primeira confirmación dos Grandes Deseñadores da XXXV Mostra do Encaixe Deputación da Coruña 

O deseñador andaluz José Perea, primeira...

O recoñecido creador cordobés aterrará na pasarela galega esta Semana Santa xusto despois de presentar as súas coleccións en Malta…
O  ‘ArtEncaixe’, un exemplo da infinita versatilidade na aplicación do encaixe

O  ‘ArtEncaixe’, un exemplo da infinita...

Os 13 artesáns que participan nesta edición demostran que esta artesanía milenaria pode adaptarse a diferentes materiais. Son: Alfarería La…
gl_ESGL_ES
Logo-XXXIV-Mostra-do-Encaixe-min
Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.