Estefanía Orgaz e Pedro Orgaz convértense nos gañadores do XXXI concurso de Noveis Deseñadores coa colección Mitra

Ritual de lume e sombra, de Yara González Barral, acadou o segundo posto do certame, mentres que Paint it colors, de Lucía Janeiro, Clara Rey e Antonio Soto quedou en terceiro lugar, e Apar de Onitze Aramburu e Sofía Puertas levou o cuarto premio. Entregaron os premios Sandra Insua, José Figueroa, Verónica Canosa e Olga Campos.

A xornada de clausura da XXXIV Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña serviu para coñecer aos gañadores do XXXI concurso de Noveis Deseñadores. O primeiro premio, entregado pola alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, recaeu nas mans de Estefanía Orgaz e Pedro Orgaz, que conquistaron ao xurado profesional coa súa colección Mitra.

O responsable da planta de Vilán de Stolt Sea Farm, José Figueroa, entregoullle o premio a Ritual de lume e sombra, de Yara González Barral, que quedou en segundo lugar; mentres que a colección Paint it colors de Lucía Janeiro, Clara Rey e Antonio Soto que recibiu o premio da responsable de relacións institucionais de Frigoríficos de Camariñas, Verónica Canosa; acadou o terceiro posto. O cuarto premio, entregado pola presidenta da Asociación de Empresarios e Promoción Turística de Camariñas, Olga Campos, foi para Onintze Aramburu e Sofía Puertas, con Apar. 

Nesta edición repartíronse un total de 4.500 euros en premios divididos do seguinte xeito: un primeiro premio de 2.100 euros, un segundo de 1.200 euros, un terceiro de 700 euros, e o cuarto de 500 euros. 

Optaron a estes galardóns un total de 38 mozas e mozos que están dando os seus primeiros pasos no mundo da moda. A procedencia dos noveis deseñadores foi moi diversa, formados nas mellores escolas a nivel estatal.

O xurado estivo composto polas seguintes deseñadoras e deseñadores: Modesto Lombra, Charo Carrillo, Ana Cabranes, Claudina Mata e Francisco Basteiro. 

Na clausura, a concelleira do Encaixe, Encarna Liñeiro, afirmou que “a Mostra é un evento que conserva a súa esencia máis pura, pero que soubo evolucionar, medrar e adaptarse aos novos tempos sen perder a súa identidade. Hai anos que deixou de ser só un escaparate de artesanía, hoxe é unha pasarela de referencia no mundo da moda, recoñecida en todo o país”. 

No seu discurso salientou que “este ano o noso ‘Mar de Piques’ representou esa forza colectiva, esa artesanía feita de salitre e talento que nos identifica. Porque aquí, entre piques, deseños, libros, concertos e moita emoción… seguimos tecendo o futuro. Levamos días escoitando o son dos palillos, vendo sorrisos, intercambiando palabras co público, cos expositores, coas palilleiras… e todos coincidimos: Camariñas ten algo único. E por iso, volveremos o ano que vén, con novas ideas, novos proxectos e a mesma ilusión de sempre”.

Posts relacionados

Ao redor de 10.000 persoas viviron durante 5 días o agardado regreso da Mostra do Encaixe

Ao redor de 10.000 persoas viviron...

O protocolo COVID deseñado pola organización, con control de aforos e redución de espazos, fixo que o evento se celebrase…
Anna García Viu convértese na gañadora do XXVII concurso de Noveis Deseñadores coa colección The Beautiful Brut

Anna García Viu convértese na gañadora...

Enxebre II, de Rocío Molina López e Alba Cobos Ropero acadou o segundo posto do certame, mentres que Déjame Encajar,…
Camariñas premia a traxectoria de catro palilleiras que participaron nas 30 edicións da Mostra do Encaixe

Camariñas premia a traxectoria de catro...

Carmen Carrera, Matilde Isabel García, María Rosa Liñeiro e Carmen Bugallo, recibiron este recoñecemento. A concelleira de Encaixe, Encarna Liñeiro,…
gl_ESGL_ES
Logo-XXXIV-Mostra-do-Encaixe-min
Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.