Arrinca o XXXI Concurso de Noveis Deseñadores con 38 promesas da moda e estréase a ‘Firma Emerxente’

Hoxe desfilaron pola pasarela da XXXIV Mostra do Encaixe os grupos ‘A’ e B’ do certame.  En total son 26 as coleccións finalistas, con rapaces e rapazas que pertencen a escolas de diferentes puntos de Galicia e de España. Tamén saíu á pasarela, por primeira vez, a principal novidade desta edición: a ‘Firma Emerxente’, neste caso Xaquín Ruíz.

Hoxe, xoves 17 de abril, saíron por primeira vez á pasarela desta XXXIV Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña as 38 persoas finalistas que participan no XXXI Concurso de Noveis Deseñadores, unha aposta da organización polo talento emerxente.

Na pasarela desfilan un total de 26 coleccións dos deseñadores: Estefanía Organz Fernández e Pedro Orgaz Fernández (Culleredo); Johaness Eduardo Senior Paz (Vigo); Hugo Castro Oubiña e Lucas Pérez Paz (Cambre e Betanzos); Paula Quinteiro Rodríguez (Vigo); Antonio Daniel Abad Ramírez (Ribeira); Adriana Lado Fernández (Cee); Iria González Fernández (Lugo); Onitze Aramburu Sánchez e Sofía Puertas Sömme (Okondo, Álava, e Berango, Vizcaya); Niskar Mariela Romero Chamorro (A Coruña); Elisabeth Millán Sánchez (Vigo); Alicia Santay Vázquez (Vedra); Laura Naroa Boroboio Alende, Giovanni Sestini e María Jia Docampo Rimada (Santiago, A Coruña e A Coruña); Marina Lamela Vallejo (Santiago); Laura Villar Loureiro (Guitiriz); Noelia Picadizo Villar (Rois); Laura Fernández de Bobadilla e Miguel San Sebastián (Santander e Torrelavega); Valeria Argüelles Villadonga e Celia Aldama González (Carreño e Avilés); Lucía Merino Herrero e Clara Fernández Souto (Valladolid e A Coruña); Soraya Arce Cavada (Colindres, Cantabria); Yara González Barral (Melide); Clara Rey Iglesias, Lucía Janeiro González e Antonio Soto Lago (A Coruña, Forcarei e Marín); Nerea Torres Tobío (Sigüeiro); Kharize Zanella Polón e Julián Barrosa Domínguez (Santiago de Compostela e Ribeira); Mikel Basterretxea Tranche, Maialen Heredero Paraje e Nagore Alinso Torre (Vizcaya); Josu Santos Blanco (Sobrado do Bispo); e Aroa Lemos Mota e Carlota Izquierdo María (Barberá del Vallés e Barcelona). 

A maior parte das persoas seleccionadas pertencen aos seguintes colexios: Goymar, Escuela de Artes y Oficios de Vigo, Universidad Rey Juan Carlos, Paseo das Pontes, EASD Mestre Mateo, Susa Suárez, CESINE e ESDI.

Na pasarela da XXXIV Mostra do Encaixe de Camariñas desfilan un total de 28 coleccións: Mitra, Santos do meu pobo, Threads of the sea, Ondas de Luz, LP2D, Mallo x Luna: conversacións surrealistas, Divina tragicomedia, Contos da miña avoa, APAR, María Antonieta, Muerte a la moda, Marusía, Acqua Vitae, Flores nas pedras, Bella Epoqué, Marea negra, Afertsun, Mulleres de sempre, Amarre, Bicos da Terra, Silvara, Ritual de lume e sombra, Paint it colors, A foliada das árbores, Latexo 2025, Sakura, Dembora e Herencia. 

Premios

O principal obxecto do concurso é fomentar e promocionar a aplicación do encaixe de Camariñas na moda. A principal novidade desta edición é que se concederán, mediante a valoración do xurado oficial, premios ás catro mellores coleccións en lugar de tres, como viña sendo ata o momento. O primeiro premio constará de 2.100 euros, o segundo de 1.200 euros, o terceiro de 700 euros e o cuarto de 500 euros.

O domingo, 20 de abril, darase a coñecer o fallo do xurado.

Primeiro pase do novo desfile ‘Firma Emerxente’

Esta segunda xornada da Mostra tamén serviu para que se estrease a principal novidade desta edición no que se refire aos desfiles: a ‘Firma Emerxente’, un concepto co que se pretende axudar a deseñadores emerxentes, que participaron nalgunha edición do concurso de Noveis Deseñadores e que seguen a promocionar o encaixe de Camariñas a través do seu traballo, a consolidarse como marca.

Nesta edición a ‘Firma Emerxente’ é Xaquín Ruíz, que participou en varias ocasións no concurso, e que durante todo o ano promociona, a través das súas coleccións, o encaixe de Camariñas en feiras por Europa. Presentou dúas coleccións: ‘Flor de toxo’ e ‘Rebelde’.

Posts relacionados

Ao redor de 10.000 persoas viviron durante 5 días o agardado regreso da Mostra do Encaixe

Ao redor de 10.000 persoas viviron...

O protocolo COVID deseñado pola organización, con control de aforos e redución de espazos, fixo que o evento se celebrase…
Anna García Viu convértese na gañadora do XXVII concurso de Noveis Deseñadores coa colección The Beautiful Brut

Anna García Viu convértese na gañadora...

Enxebre II, de Rocío Molina López e Alba Cobos Ropero acadou o segundo posto do certame, mentres que Déjame Encajar,…
Camariñas premia a traxectoria de catro palilleiras que participaron nas 30 edicións da Mostra do Encaixe

Camariñas premia a traxectoria de catro...

Carmen Carrera, Matilde Isabel García, María Rosa Liñeiro e Carmen Bugallo, recibiron este recoñecemento. A concelleira de Encaixe, Encarna Liñeiro,…
gl_ESGL_ES
Logo-XXXIV-Mostra-do-Encaixe-min
Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.