Moita música na XXXIV Mostra do Encaixe de Camariñas con Fillas de Cassandra, Budiño e Soledad Vidal

As e os artistas ofrecerán recitais o mércores, xoves e domingo.

A música non podía faltar na programación da trixésimo cuarta edición da Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña, na que Fillas de Cassandra, Soledad Vidal e Budiño ofrecerán concertos o mércores, o xoves e o domingo, respectivamente. 

Para a apertura, entre os desfiles de ‘PequEncaixe’ e ‘Grandes Firmas’ do mércores 16 de abril, Sara Faro e María SOA inaugurarán a programación musical desta edición e tras dar a coñecer tres novos sinxelos: Hibernarse, Arderse e Quebrantarse. 

Este dúo musical galego combina a tradición oral e musical galegas co feminismo, a mitoloxía grega e sons modernos. A súa proposta escénica e calidade artística aposta pola recuperación das melodías tradicionais e novas letras. As súas composicións transitan da emotividade ao desenfado, acadando unha conexión entre as distintas xeracións que as seguen aló onde van. 

O xoves, 17 de abril ás 20:15 horas, Soledad Vidal ofrecerá ‘Cantares Atlánticos’, un espectáculo que viaxa a través da poesía galega e imaxes evocadoras, con cancións como María Soliña ou Lela. Nesta viaxe conmovedora, a artista, natural de Camelle, acompañada do pianista Aurelio Virbay, homenaxea a todas esas mulleres que, máis alá da dor e a perda, constrúen as súas vidas con valentía, nun retrato dunha Galicia que é capaz de mirar a súa sombra, a súa Negra Sombra para poder celebrar a vida. 

Clausurará a XXXIV Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña Xosé Manuel Budiño, logo dos derradeiros desfiles desta edición, que darán comezo ás 19:30 horas. 

Un dos grandes expoñentes da música galega, é artista de orixe e universal polo seu destino, viaxeiro convencido, creador incansable, innovador por convicción e soñador de melodías imposibles. Budiño é un artista atípico; é difícil atopar a alguén que esperte tanta admiración entre os seus. Inspírase nos pequenos sabores da música de raíz, pero sempre coa intención de crear unha música con estilo propio.

Posts relacionados

O Concello continúa a colaboración con Zara Home con dúas novas toallas con encaixe de Camariñas

O Concello continúa a colaboración con...

Por segunda ocasión, xurdiron dous produtos que xa están á venta: unha toalla de flocos e un set de dúas…
Unión histórica entre o Concello e Pull&Bear para crear unha colección cápsula con encaixe de Camariñas

Unión histórica entre o Concello e...

Sandra Insua, Encarna Liñeiro e a directora da Mostra, Dolores Lema, estiveron hoxe en Madrid, na Galería Belmonte, na presentación…
Ondas do Mar leva o encaixe de Camariñas aos Premios Artesanía de Galicia coa gargantilla ‘Mar de Hielo’

Ondas do Mar leva o encaixe...

A artesá Josefina Campaña ven de participar na pasarela de Grandes Deseñadores da Mostra do Encaixe. A peza única, elaborada…
gl_ESGL_ES
Logo-XXXIV-Mostra-do-Encaixe-min
Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.