Os Bolechas aprenderon a palillar na XXXIII Mostra do Encaixe de Camariñas

Carlos, Pili, Loli, Braulio, Sonia e Tatá tomaron boa nota dos nenos e nenas da Escola municipal de Palillo. Desfilaron con eles no PequeEncaixe entregáronlles unha publicación especial baixo o título ‘Os Bolechas veñen aprender a palillar en Camariñas’. Nesta mañá de sábado tamén se presentou a equipación do equipo feminino da Escola municipal de fútbol Juan Cabrejo.

Os seis irmáns da banda deseñada máis famosos e famosas de Galicia, Os Bolechas, aprenderon hoxe, sábado 30 de marzo, a palillar na a XXXIII Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña. Carlos, Pili, Loli, Braulio, Sonia e Tatá coñeceron o arte do palillo.

Os Bolechas aproveitaron a súa visita para saír á pasarela cos máis pequenos no desfile de ‘PequeEncaixe’ e entregaronlles aos nenos e nenas da Escola Municipal de Palillo unha publicación especial, co encaixe como protagonista: ‘Os Bolechas veñen aprender a palillar en Camariñas’.

Ademais, realizaron a entrega de premios ás encaixeiras e encaixeiros infantís, a cativada que, ano tras ano, garante a transmisión xeracional desta centenaria e singular maneira de tecer os fíos e entender a vida.

Equipación patrocinada

Nesta mañá de sábado tamén se presentou a equipación do equipo feminino da Escola de fútbol Concello de Camariñas Juan Cabrejo, co patrocinio da Mostra do Encaixe. Desde agora, as futbolistas lucirán o lema ‘Camariñas Sorprende’ nas camisetas.

Posts relacionados

O Encaixe de Camariñas brilla con luz propia nas coleccións dos Grandes Deseñadores da Mostra 

O Encaixe de Camariñas brilla con...

Son 12 as firmas que participan no desfile nesta edición: Ana Cabranes, Andion Clothing, Claudina Mata, Devota & Lomba, Innamoretto,…
O deseñador andaluz José Perea, primeira confirmación dos Grandes Deseñadores da XXXV Mostra do Encaixe Deputación da Coruña 

O deseñador andaluz José Perea, primeira...

O recoñecido creador cordobés aterrará na pasarela galega esta Semana Santa xusto despois de presentar as súas coleccións en Malta…
Andión e ANAMINGO repiten experiencia na XXXIV Mostra do Encaixe 

Andión e ANAMINGO repiten experiencia na...

A marca galega Andión, fundada por nai e filla, volve á Mostra e apostará nesta ocasión por unha colección con…
gl_ESGL_ES