Trinta e cinco promesas da moda participarán no XXX Concurso de Noveis Deseñadores da Mostra do Encaixe de Camariñas 

Hoxe déronse a coñecer os noveis deseñadores finalistas deste evento, que pertencen a escolas de diferentes puntos de Galicia e de España.En total son 30 as coleccións finalistas.

O Concello de Camariñas fixo pública hoxe, venres 15 de decembro, a lista das 35 persoas finalistas que participarán no XXX Concurso de Noveis Deseñadores, que se celebrará durante a XXXIII Mostra do Encaixe De Camariñas Deputación da Coruña. 

O xurado seleccionou do total de memorias, as dos seguintes deseñadores e deseñadoras:

  • Ada Martínez Martín (Valencia)
  • Adriana Pérez Sanjurjo (Cambre, A Coruña)
  • Ainhoa Salinero Miño (Alcorcón, Madrid)
  • Alejandra Góas López (O Valadouro, Lugo)
  • Alejandra Olivares Niger (Puerto Lumbreras, Murcia)
  • Alejandra Pino Bravo (Loeches, Madrid)
  • Alexia Álvarez García (Laviana, Asturias)
  • Asier Ferrer Samonete (Gallipienzo Nuevo, Navarra)
  • Cesar Tiscar Fernández (Genovés, Valencia)
  • Clara Caneda Cielo (O Grove, Pontevedra)
  • Cristina Gamallo Permuy de (Ares, A Coruña)
  • Eden Houghton Foresta (Calpe, Alicante)
  • Elena Outomuro López (Ourense)
  • Erika Dayana Chacón Luna (A Coruña)
  • Fabiola Santos Baña (Muxía)
  • Hugo Fontenla Villar (A Coruña)
  • Irene Oliveira Suarez (Oviedo, Asturias)
  • Joaquín Ruíz Torres (Culleredo, A Coruña)
  • Johanes Eduardo Senior Paz (Vigo)
  • Josu Santos Blanco (Sobrado do Bispo, Ourense)
  • Laura Araujo Martínez (As Neves, Pontevedra)
  • Laura Villar Loureiro (Guitiriz, Lugo)
  • Lucía Janeiro González (Forcarei, Pontevedra)
  • Malena Monteserin Feliz (Tineo, Asturias)
  • María Moreno González (Mancha Real, Jaén)
  • Marina Pastor Olivares (Granada)
  • Miriam de Río Bouzas (Miño, A Coruña)
  • Noelia Picadizo Villar (Rois, A Coruña)
  • Paula Fernández Molina (Valdepeñas, Ciudad Real)
  • Rafaela Hernández Pérez (Huelva)
  • Sheila Lojo Oliveira (Cambre, A Coruña)
  • Sophía Hecht Suarez (Salinas, Asturias)
  • Tania Conde Farroco (Lalín, Pontevedra)
  • Uxía Loureiro Caamaño (Ponteareas, Pontevedra)
  • Verónica Marí Granda (Lugo)

A maior parte das persoas seleccionadas pertencen aos seguintes colexios: AESD Valencia, AESD Valdelomar Granada, EASD Mestre Mateo de Santiago de Compostela, EMAO de Vigo, Escuela Goymar A Coruña, IES Santa Engracia Madrid , Escuela Javier Barroeta de Bilbao, IES Silvera Font de Valencia, Estación Diseño Granada e ESNE Asturias. 

Na pasarela da XXXIII Mostra do Encaixe de Camariñas desfilarán un total de 30 coleccións e a concelleira do Encaixe, Encarna Liñeiro, quixo “parabenizar a todas e todos os integrantes desta selección final e cuxa implicación sempre é un engadido a un evento que conta cunha gran relevancia a nivel internacional”. “O xurado terá novamente un papel moi pero que moi difícil para poder seleccionar as gañadoras e gañadores”, admiten.

Posts relacionados

Ao redor de 10.000 persoas viviron durante 5 días o agardado regreso da Mostra do Encaixe

Ao redor de 10.000 persoas viviron...

O protocolo COVID deseñado pola organización, con control de aforos e redución de espazos, fixo que o evento se celebrase…
Anna García Viu convértese na gañadora do XXVII concurso de Noveis Deseñadores coa colección The Beautiful Brut

Anna García Viu convértese na gañadora...

Enxebre II, de Rocío Molina López e Alba Cobos Ropero acadou o segundo posto do certame, mentres que Déjame Encajar,…
Camariñas premia a traxectoria de catro palilleiras que participaron nas 30 edicións da Mostra do Encaixe

Camariñas premia a traxectoria de catro...

Carmen Carrera, Matilde Isabel García, María Rosa Liñeiro e Carmen Bugallo, recibiron este recoñecemento. A concelleira de Encaixe, Encarna Liñeiro,…
gl_ESGL_ES
Logo-XXXIV-Mostra-do-Encaixe-min
Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.