Alfonso de Sas presenta o seu libro ‘El cementerio de los ingleses’ na XXXII Mostra do Encaixe de Camariñas

A sala de desfiles da XXXII Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña acolleu hoxe a terceira e última das presentacións literarias que se están a celebrar durante o evento. Alfonso de Sas, autor ourensán, foi o protagonista. 

Alfonso de Sas presentou o seu libro ‘El cementerio de los ingleses’. Un libro de ficción que está inspirado no naufraxio do HMS Serpent nas costas de Camariñas en 1890, motivo polo cal se construíu o mítico cemiterio do mesmo nome. Na obra explórase a relación que xorden como consecuencia da traxedia entre os residentes no lugar e os membros do Imperio Británico. De Sas, nado en Ourense, estudou Dereito e traballou en Comercio Internacional antes de decidirse, xa xubilado, a publicar a súa primeira obra.

O autor explicou que “sempre quixen escribir sobre a experiencia dun náufrago no mar” e indicou que “a historia do Serpent pareceume fascinante e, a partir de aí, fun traballando e o volume foi medrando e collendo forma”.

Estas tres presentacións literarias son parte dun programa longo e variado que compón a XXXII edición da Mostra do Encaixe e encherá de actividade Camariñas durante cinco días.

Posts relacionados

O Encaixe de Camariñas brilla con luz propia nas coleccións dos Grandes Deseñadores da Mostra 

O Encaixe de Camariñas brilla con...

Son 12 as firmas que participan no desfile nesta edición: Ana Cabranes, Andion Clothing, Claudina Mata, Devota & Lomba, Innamoretto,…
O deseñador andaluz José Perea, primeira confirmación dos Grandes Deseñadores da XXXV Mostra do Encaixe Deputación da Coruña 

O deseñador andaluz José Perea, primeira...

O recoñecido creador cordobés aterrará na pasarela galega esta Semana Santa xusto despois de presentar as súas coleccións en Malta…
Andión e ANAMINGO repiten experiencia na XXXIV Mostra do Encaixe 

Andión e ANAMINGO repiten experiencia na...

A marca galega Andión, fundada por nai e filla, volve á Mostra e apostará nesta ocasión por unha colección con…
gl_ESGL_ES