Ana Cabranes e José Matteos conformarán a lista de Grandes Firmas nesta edición da Mostra do Encaixe

A asturiana, asidua do evento, amósase “ilusionada unha vez máis por poder estar coa miña colección nun evento que trascende o ámbito da moda: é un modo de entender a vida”. Matteos, pola súa banda, presentará unha colección nupcial “con textura moi distintas grazas ó encaixe de Camariñas”.

Ana Cabranes e José Matteos, dous dos nomes máis vencellados á Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña, formarán parte tamén nesta edición da lista de nomes que conforman a relación de Grandes Firmas.

A asturiana, que cumplirá vinte anos de asistencia ininterrompida á cita, presentará unhas pezas que seguirán a liña “na que me levo inspirando os derradeiros anos, pero que evoluciona cos tempos e a maneira de entender a roupa”, acorda Cabranes.

“A prioridade é darlle visibilidade á aplicación do encaixe en todos aqueles lugares que para min compoñen o conxunto e que lle outorgan unha categoría especial, nun contexto no que a artesanía camariñana se comeza a valorar nun alto grao fóra das nosas fronteiras”, asegura a deseñadora.

“Realmente para min é algo marabilloso, un traballo tan custoso pero incrible á vez e cunha adicación, esforzo que moitas veces resulta moi complexo decantarse por un encaixe ou outro”.

Pola súa banda, José Matteos levará á capital do Encaixe “unha colección nupcial onde os vestidos terán texturas moi diferentes grazas ao tecido elaborado polas palilleiras”, destacando que “a labor da Mostra e o Concello de Camariñas por manter este evento durante máis de 30 anos é, sen dúbida, un fito”.

Posts relacionados

Camariñas convoca as bases do XXXIII concurso de Noveis Deseñadores da XXXVI Mostra do Encaixe

Camariñas convoca as bases do XXXIII...

O prazo para presentar os traballos remata o 1 de decembro de 2026.  Repartiranse 4.500 euros en premios, con galardóns…
O Concello continúa a colaboración con Zara Home con dúas novas toallas con encaixe de Camariñas

O Concello continúa a colaboración con...

Por segunda ocasión, xurdiron dous produtos que xa están á venta: unha toalla de flocos e un set de dúas…
Unión histórica entre o Concello e Pull&Bear para crear unha colección cápsula con encaixe de Camariñas

Unión histórica entre o Concello e...

Sandra Insua, Encarna Liñeiro e a directora da Mostra, Dolores Lema, estiveron hoxe en Madrid, na Galería Belmonte, na presentación…
gl_ESGL_ES
Logo-XXXIV-Mostra-do-Encaixe-min
Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.