A XXXII Mostra do Encaixe abre as inscricións para formar parte do voluntariado desta cita

As persoas interesadas poden chamar ou enviar mensaxe de Whatsapp ao teléfono 653 26 55 29 ou por correo no enderezo dolores.lema@camarinas.net. 

A XXXII Mostra do Encaixe de Camariñas abre desde hoxe as inscricións para formar parte do grupo de voluntariado desta cita. As persoas interesadas en formar parte da organización poden chamar ou enviar unha mensaxe de Whatsapp ao teléfono 653 26 55 29 ou por correo electrónico ao enderezo dolores.lema@camarinas.net.

As voluntarias e voluntarios son parte viva dunha Mostra do Encaixe Deputación da Coruña que este se celebrará novamente en Semana Santa, do 5 o 9 de abril de 2023.  

A directora da Mostra, Dolores Lema, subliña o relevante papel das voluntarias e voluntarios, “alma da nosa Mostra do Encaixe Deputación da Coruña, imprescindibles cada ano non só para que todo saia a pedir de boca, senón tamén para crear un espírito de grupo imposible sin eles e elas; témoslles moito que agradecer”.

Posts relacionados

José Matteos desdobra a súa creatividade na XXXV Mostra do Encaixe con MATTEÔS Bridal e ÔSE Couture

José Matteos desdobra a súa creatividade...

A colección nupcial chegará a Camariñas directamente dende a súa presentación en París, mentres que a liña conceptual porá o…
Unha das referencias da moda de baño en España estará un ano máis na Mostra do Encaixe de Camariñas: Dolores Cortés

Unha das referencias da moda de...

A deseñadora valenciana comezou a súa traxectoria no mundo das pasarelas no ano 1999, debutando na súa cidade natal. 
Gubem Event volverá encargarse da pasarela da XXXV Mostra do Encaixe de Camariñas

Gubem Event volverá encargarse da pasarela...

A empresa galega, da que está á fronte o vimiancés Damián Álvarez, será a encargada de coordinar a pasarela por…
gl_ESGL_ES