O Encaixe e os Ourives rubrican unha mutua colaboración de cara a difundir a cultura, o turismo e a artesanía de ambos colectivos

A sinatura do convenio tivo lugar esta mañá no pazo de Fonseca, en Santiago de Compostela, entre a alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, e Arturo Ouro Hortas, presidente da Asociación de Artesáns e Comerciantes ‘Ourives de Compostela’.
Picture of Redacción
Redacción

Equipo de prensa da Mostra do Encaixe de Camariñas

O Encaixe de Camariñas e os Ourives de Santiago de Compostela rubricaron hoxe a mutua colaboración de ambos colectivos identitarios coa sinatura dun convenio de cara a difusión da cultura, o turismo e a artesanía de ambas localidades, á vez que se pretende dinamizar a economía de ambos gremios e fomentar a investigación no que palilleiras, por unha banda, e acibecheiros e prateiros, por outra, sexan os piares nos que se sustente dito acordo.

A sinatura do convenio tivo lugar esta mañá na capital de Galicia, no Pazo de Fonseca de Santiago de Compostela, entre a alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, e Arturo Ouro Hortas, presidente da Asociación de Artesáns e Comerciantes ‘Ourives de Compostela’, unha entidade sen ánimo de lucro que aúna os artesáns de prateiros e acibecheiros de Santiago de Compostela e conta con máis de mil douscentos anos de traxectoria na cidade. Houbo unha demostración de palillo en directo a cargo de integrantes das Asociacións Rendas e Puntillas.

O Encaixe e os Ourives rubrican unha mutua colaboración de cara a difundir a cultura, o turismo e a artesanía de ambos colectivos

Ofertando produtos singulares preténdese incrementar o atractivo turístico que xa de por si posúen tanto Camariñas como Compostela, ademais de amosar o modo de traballar o produto en vivo. A xeración de postos de traballo é outro punto básico no que se sustenta este acordo, ademais da captación de futuribles artesáns que busquen afincarse en calquera das dúas localidades, como lugar de traballo e expresión artística.

“No Concello de Camariñas somos moi conscientes da importancia que ten a artesanía do palillo, as palilleiras e todo o que rodea o Encaixe. Por iso non me canso de repetir que un pobo que non respecta as súas tradicións ten pouco presente e menos futuro”, comezou a súa intervención a rexedora camariñana, quen adiantaba “as posibilidades que se abren con esta sinatura no apartado do ArtEncaixe, un proxecto que naceu na trixésima edición da Mostra e onde, estou segura, os ourives terán un lugar destacadísimo”.

XXXIV Mostra do Encaixe

XXXI Concurso de Jóvenes Diseñadores

Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de Cookies. Se continúas navegando estás aceptandoa.    Ver
Privacidad