Presentación da equipación oficial da Escola de Fútbol Juan Cabrejo na Mostra do Encaixe

Os nenos e nenas das diferentes categorías da escola, acompañados polos seus adestradores, desfilaron na pasarela da Mostra para ensinar ás súas familias e ao resto do público presente na pasarela o ben que locen as súas novas equipacións.

O concelleiro de Deportes, Fabián Canosa, fixo un agradecemento aos clubes “Camariñas, Porteño e Camelle. Eles foron o que deron o paso decisivo para crear esta unión, que é unha unión de pobo”. “A ilusión que estamos a vivir hoxe aquí é a que transmitides cada fin de semana no campo de fútbol”, afirmou.

Fabián tamén salientou que esta é unha escola “na que se aprende a convivir, a respectar e a ser compañeiro. Esa é a clave para que teña presente e, sobre todo, futuro”.

Pola súa parte o coordinador da escola, Juan Cabrejo, destacou que “nun concello tan pequeno era importante aglutinar a canteira e creo que a iniciativa está a ser un éxito” e tamén fixo referencia a que “o deporte é un método fenomenal para transmitir valores, desde os máis pequenos aos máis maiores”.

Presentación da equipación oficial da Escola de Fútbol Juan Cabrejo na Mostra do Encaixe

Posts relacionados

A nova web da Mostra do Encaixe estará traducida a cinco idiomas

A nova web da Mostra do...

Ademais do galego actual incorporaranse o castelán, inglés, italiano e portugués. Estes dous últimos idiomas en homenaxe aos nosos pobos…
Benvidos á web da Mostra do Encaixe

Benvidos á web da Mostra do...

A web da Mostra do Encaixe renóvase completamente cun deseño moderno e atractivo para adaptarse aos novos tempos. Todo o…
gl_ESGL_ES
Logo-XXXIV-Mostra-do-Encaixe-min
Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.