Exaltación da gastronomía local con degustacións de produtos do mar na XXXI Mostra do Encaixe de Camariñas

Haberá degustacións gratuítas, presentando a entrada e ata acabar existencias, de polbo, rodaballo e caviar de ourizos. As empresas que participan son Stolt Sea Farm, Gallego Pereira, Frigoríficos Canosa e Pescados Pedreira. Ademais, Industrias Cerdeimar colabora desde hai 30 anos coa Mostra.

Os asistentes á XXXI Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña poderán desfrutar no recinto do evento de degustacións diarias de diferentes produtos do mar, unha acción encamiñada á exaltación da riqueza da gastronomía local.

O xoves haberá rodaballo cedido por Stolt Sea Farm, o venres polbo de Gallego Pereira, o sábado tamén polbo de Frigoríficos Canosa e na xornada de clausura os asistentes poderán gozar do caviar de ourizos de Pescados Pedreira.

A degustación de polbo e a de caviar de ourizos será nos stands que terá cada empresa no recinto mentres que a de rodaballo será no bar da Mostra. Todas serán gratuítas, presentando a entrada da Mostra, ata acabar existencias.

Ademais, Industrias Cerdeimar continúa colaborando coa Mostra desde hai 30 anos, como ven facendo desde os seus inicios, instalando o seu stand propio e aportando diferentes produtos en conserva.

“Este xa era un proxecto que tíñamos no ano 2020, cando tivemos que cancelar a Mostra pola pandemia. O obxectivo é levar a nosa riqueza ao interior da Mostra para que os visitantes coñezan as nosas empresas e o seu produto de calidade”, destaca a concelleira do Encaixe, Encarna Liñeiro.

Posts relacionados

Ao redor de 10.000 persoas viviron durante 5 días o agardado regreso da Mostra do Encaixe

Ao redor de 10.000 persoas viviron...

O protocolo COVID deseñado pola organización, con control de aforos e redución de espazos, fixo que o evento se celebrase…
Anna García Viu convértese na gañadora do XXVII concurso de Noveis Deseñadores coa colección The Beautiful Brut

Anna García Viu convértese na gañadora...

Enxebre II, de Rocío Molina López e Alba Cobos Ropero acadou o segundo posto do certame, mentres que Déjame Encajar,…
Camariñas premia a traxectoria de catro palilleiras que participaron nas 30 edicións da Mostra do Encaixe

Camariñas premia a traxectoria de catro...

Carmen Carrera, Matilde Isabel García, María Rosa Liñeiro e Carmen Bugallo, recibiron este recoñecemento. A concelleira de Encaixe, Encarna Liñeiro,…
gl_ESGL_ES
Logo-XXXIV-Mostra-do-Encaixe-min
Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.