A deseñadora granadina Claudina Mata estará na XXX Mostra do Encaixe

Presentará unha colección inspirada nunha canción de Carlos Cano: ‘Habanera imposible’. Pilar Rodríguez, de ‘En Lá’, participará no desfile de ArtEncaixe cos seus complementos de lá, seda ou liño.

A deseñadora granadina Claudina Mata participará no desfile de Grandes Deseñadores da XXX Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña, alcanzando así a súa quinta participación no evento.

A firma de Claudina Mata está a vivir nos últimos anos un crecemento exponencial, que a sitúa ao nivel das grandes firmas comerciais a nivel nacional no mundo da ceremonia e prêt- à-porter.

Na XXX Mostra do Encaixe presentará unha colección inspirada nunha canción de Carlos Cano, ‘Habanera imposible’, máis concretamente no fragmento que di: ‘Tú eres la novia del aire, la de la sombra de plata, la del almendro, la que parece de nieve y por dentro es fuego’. Claudina Mata explica que “en la colección podremos ver todo ese tipo de novia: la del aire, con tejidos mórbidos y sueltos, la de la sombra de plata, muy elegante, la del almendro, con detalles en rosa, la que parece de nieve, porque es una novia de invierno, y la que por dentro es de fuego, una novia muy sexy”.

Para a deseñadora granadina a Mostra xa é unha cita ineludible no seu calendario. “No sé si es la tradición, el lugar, el encanto de la gente, el cariño que me tienen como diseñadora y que yo le tengo a ellos pero es que la Mostra ya forma parte de mí y de mi equipo de trabajo, y lo seguirá siendo ya que me llena de orgullo integrar el encaje en todos mis vestidos de novia”, destaca.

‘En Lá’ estará presente no ArtEncaixe

A artesá monfortina, Pilar Rodríguez, participará no desfile de ArtEncaixe cos traballos da súa tenda ‘En Lá’, situada en Monforte de Lemos. Dedícase a facer complementos de lá, seda ou liño, de xeito manual con técnicas como a da la prensada ou feltrada de xeito manual á que se lle aplica diferentes técnicas de tinguido e de estampación, como a impresión botánica.

“Participar na Mostra é para min algo diferente ao que estou habituada, ao ser un desfile levarei pezas con máis creatividade”, explica Pilar Rodríguez ao tempo que valora a repercusión que dará o evento ao seu traballo “dándolle relevancia nunha zona na que non estou e que me permitirá chegar a máis xente”.

Posts relacionados

Ao redor de 10.000 persoas viviron durante 5 días o agardado regreso da Mostra do Encaixe

Ao redor de 10.000 persoas viviron...

O protocolo COVID deseñado pola organización, con control de aforos e redución de espazos, fixo que o evento se celebrase…
Anna García Viu convértese na gañadora do XXVII concurso de Noveis Deseñadores coa colección The Beautiful Brut

Anna García Viu convértese na gañadora...

Enxebre II, de Rocío Molina López e Alba Cobos Ropero acadou o segundo posto do certame, mentres que Déjame Encajar,…
Camariñas premia a traxectoria de catro palilleiras que participaron nas 30 edicións da Mostra do Encaixe

Camariñas premia a traxectoria de catro...

Carmen Carrera, Matilde Isabel García, María Rosa Liñeiro e Carmen Bugallo, recibiron este recoñecemento. A concelleira de Encaixe, Encarna Liñeiro,…
gl_ESGL_ES
Logo-XXXIV-Mostra-do-Encaixe-min
Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.