A deseñadora compostelá Edith del Valle conformará o cadro de grandes firmas na XXX Mostra do Encaixe

Presentará unha colección “na que o fío condutor será a posta en valor de todas as partes que conforman a personalidade de cada individuo”. Baixo o nome de Made of Pieces, Edith del Valle outorgaralle aos seus deseños unha visión holística da vida.

A deseñadora compostelá Edith del Valle conformará o cadro de grandes firmas para a XXX Mostra do Encaixe Deputación da Coruña, que se celebrará do 8 ao 12 de outubro de 2021.

Será a terceira participación no evento camariñán cunha colección “na que o fío condutor será a posta en valor de todas as partes que conforman a personalidade de cada individuo”.

Baixo o nome de Made of Pieces, Edith del Valle outorgaralle aos seus deseños unha visión holística da vida, xa que ela mesma só entende “a satisfacción plena cando podes apertar a todas as partes da túa persoa”, admite.

“Poder transmitir unha emoción a través do físico é moi complexo”, engade a picheleira, quen subliña a complexidade de “pensar unha colección no confinamento”.

“Como non sabiamos se ía haber parte presencial do desfile, facíase moi difícil transmitir emocións a través dunha pantalla, pero en canto nos enteramos de que estariamos na pasarela de Camariñas foi todo máis doado”, engade.

A deseñadora compostelá continúa o seu idilio con Camariñas, nun momento no que “apostar polo Encaixe en particular e pola artesanía en xeral é moi fundamental”, apunta, “nun enclave dixital, non podemos deixar de crer e apoiar máis ca nunca a un modo de entender a vida como o que habita en cada unha das pezas elaboradas cos palillos”.

Posts relacionados

A XXXIII Mostra do Encaixe de Camariñas sorprende a 16.689 persoas

A XXXIII Mostra do Encaixe de...

O día de maior afluencia foi o venres, 29 de marzo, con 6.318 persoas. A destacar o espectacular número de…
Cristina Gamallo convértese na gañadora do XXX concurso de Noveis Deseñadores coa colección Camino

Cristina Gamallo convértese na gañadora do...

A xornada de clausura da XXXIII Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña serviu para coñecer aos gañadores do…
O encaixe internacional trae unha mestura de culturas á XXXIII Mostra do Encaixe de Camariñas

O encaixe internacional trae unha mestura...

Chegan desde diferentes países: Bulgaria, Eslovaquia, Francia, Gran Canaria, Italia, Polonia, Portugal e República Checa. As voluntarias e voluntarios da…
gl_ESGL_ES
Logo-XXXIV-Mostra-do-Encaixe-min
Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.