Convocadas as bases do certame de Noveis Deseñadores para a XXXI Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña

O prazo para presentar os traballos comeza hoxe, martes 7 de setembro, e remata o 3 de decembro de 2021, venres. Repartiranse un total de 4500 euros en premios.

O Concello de Camariñas acaba de convocar as bases do certame de Noveis Deseñadores para a vindeira edición da Mostra do Encaixe De Camariñas Deputación da Coruña, que se celebrará entre os días 13 e 17 de abril do ano 2022.

O principal obxecto do concurso é fomentar e promocionar a aplicación do Encaixe de Camariñas na moda, concedéndose mediante a valoración do xurado oficial tres premios ás mellores coleccións, ademais dun premio especial do público. O primeiro premio constará de 2.100 euros, o segundo de 1.200 euros, e tanto o terceiro como o premio especial do público terán unha dotación económica de 600 euros cada un.

O prazo para presentar os traballos comeza hoxe, martes 7 de setembro, e remata o 3 de decembro do 2021, venres. Os catro deseños que compoñan a colección teñen que ter aplicado encaixe de Camariñas e non serán aceptados os que presenten outro material.

Poden concorrer á convocatoria todos os noveis deseñadores con independencia da súa nacionalidade ou país de residencia, sempre que sexan alumnas e alumnos que estean cursando estudios nos centros que impartan ensinanzas de deseño e técnicas de confección, teñan ou non os seus estudos rematados; e todas aquelas persoas vencelladas o mundo do deseño que, aínda sendo profeional no campo da moda, non formen parte dun equipo de deseño neste mundo.

A participación poderá facerse individualmente ou en grupo, neste último caso sendo o máximo de integrantes tres persoas. Cada aspirante presentará unha colección composta por 4 deseños. O tema e a modalidade é libre tanto para moda masculina como feminina. Quedan exluídos os deseños de moda infantil.

Para a presentación da documentación, poderá facerse na Casa do Concello de Camariñas, praza de Insuela número 57, en horas de oficina, de 9:00 a 14:00 horas de luns a venres, e por correo postal certificado.

A concelleira da Mostra, Encarna Liñeiro, agarda “un gran éxito na participación, logo da situación adversa que todas e todos tivemos que afrontar”, apreciación á que se une Dolores Lema, directora da Mostra, que se amosa “tremendamente ilusionada por un certame que será lembrado como o primeiro tras a crise do coronavirus”.

Posts relacionados

Sastrecillo valiente será a homenaxe de Esteban Freiría ao traballo de todas as modistas e xastres

Sastrecillo valiente será a homenaxe de...

O deseñador vigués, afincado en Málaga, emprega nun 90% teas recicladas que combina co Encaixe de Camariñas, intentando que o…
Esteban Freiría e Claudina Mata, na  XXXIII Mostra do Encaixe de Camariñas

Esteban Freiría e Claudina Mata, na ...

O deseñador galego afincado en Marbella, Esteban Freiría, presentará unha colección na que mestura a moda urbana co encaixe. La…
<strong>Esteban Freiría converterá “en una discoteca de moda” a pasarela da XXXII Mostra do Encaixe de Camariñas</strong>

Esteban Freiría converterá “en una discoteca...

O deseñador galego, afincando en Marbella, repetirá na Mostra por noveno ano consecutivo e cree que “Camariñas está más de…
gl_ESGL_ES
Logo-XXXIV-Mostra-do-Encaixe-min
Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.