Os produtos de encaixe e os desfiles da II Mostra Virtual atraen a 133.650 persoas

Este ano, polo cambio na natureza do evento con respecto á primeira edición, optouse por reducir o número de publicacións (56) gañando en calidade e organización. O que aumentou foi alcance medio, chegando a 2.386 persoas por post. Particularmente, as ofertas especiais dos postos participantes foron vistas por 61.018 persoas. A concelleira da Mostra, Encarna Liñeiro, clausurou a Mostra Virtual agardando “que en outubro, con tódalas garantías sanitarias, se poida celebrar a tan desexada trixésima edición da Mostra do Encaixe”.

Ao igual que ocorreu na primeira edición, a segunda Mostra do Encaixe Virtual colleitou uns datos espectaculares. Foron 133.650 usuarios e usuarias os que, desde o domingo 28 de marzo ata o domingo 4 de abril, visualizaron as 56 publicacións centradas na comercialización do encaixe, os desfiles de moda e a promoción dos recursos turísticos de Camariñas.

Na primeira Mostra Virtual a cifra de persoas alcanzadas foi de 237.962 nun total de 175 vídeos publicados. Este ano, polo cambio de natureza do evento, máis organizado e con obxectivos diferentes, optouse por reducir o número de publicacións gañando en calidade e aumentando o alcance medio, pasando das 1.359 persoas por post do ano pasado ás 2.386 persoas deste.

Un dos obxectivos principais desta II Mostra Virtual era difundir e promocionar a aplicación do encaixe a través da súa comercialización. Así, as ofertas especiais dos 12 postos participantes foron vistas por 61.018 persoas.

A concelleira da Mostra, Encarna Liñeiro, clausurou a Mostra Virtual agardando “que en outubro, con tódalas garantías sanitarias, se poida celebrar a tan desexada trixésima edición da Mostra do Encaixe” e a directora do evento, Dolores Lema, agradeceu “inmensamente a todas as persoas que non se ven pero que fixeron posible que se levase a cabo este evento”.

Audiencia da II Mostra Virtual

  • Alcance Facebook: 129.235 persoas.
  • Alcance Instagram: 1.100 persoas.
  • Alcance Youtube: 1.815 persoas.
  • Alcance web: 1.500 persoas.
  • Alcance total: 133.650 persoas.
  • Alcance stands: 61.018 persoas.
  • Número de publicacións: 56.

Posts relacionados

Estefanía Orgaz e Pedro Orgaz convértense nos gañadores do XXXI concurso de Noveis Deseñadores coa colección Mitra

Estefanía Orgaz e Pedro Orgaz convértense...

Ritual de lume e sombra, de Yara González Barral, acadou o segundo posto do certame, mentres que Paint it colors,…
O encaixe traspasa fronteiras no desfile das Delegacións Internacionais da XXXIV Mostra do Encaixe

O encaixe traspasa fronteiras no desfile...

Chegan desde diferentes países: Arxentina, Bulgaria, Hungría, Italia, Portugal, Polonia e España. As voluntarias e voluntarios da Mostra son os…
A Mostra pon en valor a labor dos nenos e nenas da Escola Municipal de Palillo, o futuro do encaixe

A Mostra pon en valor a...

Despois do desfile de PequEncaixe recibiron como agasallo o libro ‘Un viaje por el espacio’, da camariñana Águeda Antelo. A…
gl_ESGL_ES
Logo-XXXIV-Mostra-do-Encaixe-min
Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.