XXX
30 anos na vangarda da moda
Mostra do Encaixe de Camariñas
A Mostra é o encontro encaixeiro máis importante do mundo cunha bagaxe de 30 anos de historia. Neste evento, ademáis de palilleiras e artesanía, celébrase unha das pasarelas de moda máis importantes de España onde se presentan coleccións dos máis importantes deseñadores nacionais.







XXX
Mostra do Encaixe
A Mostra, ¿non a coñeces?
Despois de 30 anos de existencia a Mostra do Encaixe de Camariñas atópase nun dos seus mellores momentos. O Encaixe de Bolillos está consagrado no mundo da artesanía e da moda gracias á pasarela da Mostra e a Escola Municipal de Palillo con preto dun cento de nenas aprendendo esta arte que auguran un futuro prometedor para a principal seña de identidade de Camariñas.
O Video promocional
O Spot 2021
Protagonizado polo top model internacional Damián Álvarez e producido polos creativos Diego Alonso e Raul Lorenzo, o spot conta unha historia vencellada á moda masculina na que por suposto tamén cabe o Encaixe de Camariñas

XXX
Mostra do Encaixe
Camariñas
Camariñas é a capital mundial do encaixe gracias ao traballo inxente das súas palilleiras durante séculos. Está situada en pleno centro da Costa da Morte onde tamén é moi practicado este arte. Dende sempre a estampa típica de Camariñas foi a palilleira e na Mostra do Encaixe teñen o seu escaparate mundial onde se recoñece a súa labor e onde venden o traballo feito coas súas mans.
Unha natureza privilexiada
Unhas xentes acolledoras
Centro da Costa da Morte

A Historia da Mostra
Cando a tradición se converte en arte
O Encaixe de Camariñas é unha tradición milenaria que se perde no tempo. Dende que fai 30 anos se organizaou a primeira Mostra do Encaixe de Camariñas, o valor desta arte foi medrando exponencialmente. Así, hoxe en día podemos ver o traballo das palilleiras formando parte das coleccións de grandes deseñadores como Modesto Lomba, Charo Carrillo ou Ana Cabranes entre outros moitos.