O camariñán Diego Garrote, con ‘Ángeles Acusadores’, continúa coas presentacións literarias da XXXV Mostra do Encaixe

Mañá, sábado, 4 de abril, continuarán Alfonso de Sas, Xan Fernández Carrera e Antonio Fernández. 

Hoxe, venres 3 de abril, comezaron as presentacións literarias da Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña. O autor camariñán Diego Garrote foi o protagonista da terceira xornada do evento coa súa obra ‘Ángeles acusadores’. 

‘Ángeles acusadores’ é a primeira dunha serie de novelas negras ambientadas na Costa da Morte e protagonizadas pola detective privada Nahiara Bermolen. Neste caso, a investigadora investiga quen está detrás dunha nota de chantaxe que ameaza con publicar fotos e vídeos comprometidos dunha adolescente de dazaseis anos.

Diego Garrote, que vive no Muíño do Vento (Camariñas), moi pretiño do Museo do Encaixe, explica que o lector que se adentre na súa obra atopará “unha novela de investigación moi entretida e directa, que non se anda con rodeos” e destaca que “para min é unha honra poder presentala no meu pobo e que a xente estea interesada nela”.

Próximas presentacións
A programación literaria continuará o sábado 4 de abril con dúas novas citas. Ás 11:40 horas, Alfonso de Sas presentará ‘1898 – El padre ausente’, a última parte da triloxía de ‘El Cementerio de los Ingleses’. Por último,12:00 horas, presentarase ‘A Costa da Morte, naturalmente única’ de Xan Fernández Carrera e Antonio Fernández, un acto que correrá a cargo de Pepe Formoso. 

Posts relacionados

¿Onde está o encaixe no cartel da XXX Mostra?

¿Onde está o encaixe no cartel...

Neste post, a nosa experta palilleira, desvelanos tódolos secretos do smoking do protagonista do cartel da XXX Mostra do Encaixe…
Spot da XXX Mostra do Encaixe de Camariñas

Spot da XXX Mostra do Encaixe...

O Spot da XXX Mostra do Encaixe de Camariñas, protagonizado por Damián Álvarez e Tamara Rey e íntegramente realizado por…
gl_ESGL_ES
Logo-XXXIV-Mostra-do-Encaixe-min
Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.