O Concello leva a FITUR ‘Un mar de piques’ para promocionar a Mostra e afianzarse como destino turístico
A Feira Internacional de Turismo (FITUR) que se celebra do 22 ao 26 de xaneiro en IFEMA (Madrid) foi outro ano máis o lugar escollido
A Feira Internacional de Turismo (FITUR) que se celebra do 22 ao 26 de xaneiro en IFEMA (Madrid) foi outro ano máis o lugar escollido
Sandra Insua presentará o xoves 23 de xaneiro, no stand de Turespaña, a campaña turística para 2025 e a trixésimo cuarta edición da Mostra.
O vídeo turístico e o cartel da Mostra lucirán nas pantallas de Callao e Gran Vía e tamén nas do Mercado de San Miguel durante toda a semana.
Tamén se estreará en Fitur a camiseta oficial da Mostra, deseñada por Esteban Freiría.
A trixésimo segunda edición da Mostra, que foi presentada hoxe ao público en FITUR no stand de Turespaña, destaca a influencia da súa pasarela de moda, a aplicación do encaixe como complemento e na roupa e as paisaxes do municipio. No vídeo promocional faise un percorrido por todas as parroquias do municipio a través dunha pasarela vermella, na que desfilan voluntarios e voluntarios da Mostra. Sandra Insua animou ao visitante a que veña a Camariñas en Semana Santa “a coñecer a nosa tradición” e asegurou que “vos quedaredes con gañas de repetir para coñecer máis do que somos e de todo o bo que nos rodea”.
O Concello de Camariñas presentará este xoves 19 de xaneiro, ás 18:30 horas, a XXXII Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña na Feira
O Concello contratou unha inserción publicitaria para promocionar o evento durante toda a semana nas grandes pantallas de Callao e Gran Vía. A protagonista deste cartel, que non é o oficial, é Ainhoa Toba, voluntaria da Mostra do Encaixe.
Unha tradición milenaria e unha natureza fermosa e impoñente, a aposta da trixésimo primeira edición da Mostra, que foi presentada hoxe ao público en FITUR, no stand de Turespaña.
No vídeo promocional faise un percorrido desde a Virxe do Monte, lugar onde se atopa o paraíso, ata a duna rampante do areal de Trece, imaxe do cartel da Mostra.
Sandra Insua animou ao visitante a que “nos visite durante Semana Santa, asista á Mostra do Encaixe e aproveite para coñecer o fermoso patrimonio co que conta Camariñas, estou segura de que volverá”.
Ainhoa Toba, voluntaria da Mostra, é a protagonista do vídeo e tamén do cartel promocional que se proxectou toda a semana nas pantallas de Callao e da Gran Vía.
Casa de Pedra de Camariñas
doloreslema.mostra@camarinas.net
Telf. 981 737 004 – Fax. 981 736 199
Encarna Liñeiro Pouso
encarna.lineiro@camarinas.net
Telf. +34 667 03 43 05