A XXXV Mostra do Encaixe abre as inscricións para formar parte do voluntariado desta cita

As persoas interesadas poden chamar ou enviar mensaxe de Whatsapp ao teléfono 653 26 55 29 ou por correo no enderezo dolores.lema@camarinas.net. 

A XXXV Mostra do Encaixe de Camariñas abre desde hoxe as inscricións para formar parte do grupo de voluntariado desta cita. As persoas interesadas en formar parte da organización poden chamar ou enviar unha mensaxe de Whatsapp ao teléfono 653 26 55 29 ou por correo electrónico ao enderezo dolores.lema@camarinas.net.

As voluntarias e voluntarios son parte viva dunha Mostra do Encaixe Deputación da Coruña que este ano se celebrará do 1 ao 5 de abril de 2026, sempre en Semana Santa.  

A directora da Mostra, Dolores Lema, subliña o relevante papel das voluntarias e voluntarios, “alma da nosa Mostra do Encaixe Deputación da Coruña, imprescindibles cada ano non só para que todo saia a pedir de boca, senón tamén para crear un espírito de grupo imposible sen eles e elas; témoslles moito que agradecer”.

Posts relacionados

O encaixe traspasa fronteiras no desfile das Delegacións Internacionais da XXXV Mostra do Encaixe

O encaixe traspasa fronteiras no desfile...

Chegan desde diferentes países: Eslovaquia, Portugal, Bulgaria, Arxentina, Italia, Polonia e España. As voluntarias e voluntarios da Mostra son os…
José Matteos desdobra a súa creatividade na XXXV Mostra do Encaixe con MATTEÔS Bridal e ÔSE Couture

José Matteos desdobra a súa creatividade...

A colección nupcial chegará a Camariñas directamente dende a súa presentación en París, mentres que a liña conceptual porá o…
Unha das referencias da moda de baño en España estará un ano máis na Mostra do Encaixe de Camariñas: Dolores Cortés

Unha das referencias da moda de...

A deseñadora valenciana comezou a súa traxectoria no mundo das pasarelas no ano 1999, debutando na súa cidade natal. 
gl_ESGL_ES
Logo-XXXIV-Mostra-do-Encaixe-min

Visión xeral da privacidade

Este sitio web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecelo cando volves ao noso sitio web e axudar ao noso equipo a comprender que seccións do sitio web che resultan máis interesantes e útiles.