ReEncaixame

Actualidade da Mostra do Encaixe

O ‘ReEncaixame’ e o ‘Gourmet entre Encaixes’ debutan na XXXIII Mostra do Encaixe de Camariñas

Eli Conde, Yolanda Román, Luz Prado participan no novo desfile ‘ReEncaixame’, que saíu hoxe á pasarela por primeira vez.

A finalidade é reinterpretar unha colección non actual reutilizando tanto os tecidos como o encaixe de Camariñas.

No espazo gastronómico están presente: CienPorCel, K Dulce, Bico de Xeado, Quesos Artesanos Autor, A Biconeta, Ibéricos de Salamanca, Pimentón La Ristra, Frigoríficos Canosa, Stolt Sea Farm, Martietas de Fío, Pura Locura, Habelas Hailas e mermeladas Amorodo.

Cris García e Luz Prado tamén formarán parte da novidosa pasarela ‘ReEncaixame’

Cris García, que participou no ano 2017 no concurso de Noveis Deseñadores, reinterpretará a súa colección ‘Sereas’. Luz Prado formou parte do Concurso de Noveis Deseñadores do ano 2018, e transformará a colección ‘Ascalapta’. A finalidade deste desfile é incentivar aos deseñadores e ás deseñadoras a reinterpretar unha colección non actual reutilizando tanto os tecidos como o encaixe de Camariñas.

Eli Conde e Yolanda Román volven a Camariñas para participar no novo desfile ‘ReEncaixame’

Eli Conde, que participou no ano 2021, reinterpretará a súa colección ‘Victoria’.
Yolanda Román, que participou nos anos 2012 e 2019, vai reinterpretar a colección ‘Encaixa o postapocalipse’, do ano 2012.
A finalidade deste desfile é incentivar aos deseñadores e ás deseñadoras a reinterpretar unha colección non actual reutilizando tanto os tecidos como o encaixe de Camariñas.

XXXIV Mostra do Encaixe

XXXI Concurso de Jóvenes Diseñadores

Esta web utiliza cookies. Podes ver aquí a Política de Cookies. Se continúas navegando estás aceptandoa.    Ver
Privacidad