A pasarela da XXXIII Mostra do Encaixe de Camariñas volve a apostar polo talento galego
A empresa Gubem Event, do vimiancés Damián Álvarez, será a encargada de coordinar a pasarela outro ano máis. “Moitos dos modelos comezan na Mostra a facer as súas primeiras grandes pasarelas e despois despuntan, como Yusnabis Ferrer, que veu o ano pasado e agora está en Milán”, explica Damián.