Jorge de Álvarez, o paso de Noveis a Grandes Deseñadores cristaliza na XXXI Mostra do Encaixe de Camariñas
Será a primeira participación no desfile de grandes firmas do deseñador tras gañar en 2018 o certame de Noveis Deseñadores. O vianés, que ven de vestir ás Tanxugueiras, quere que “os noveis vexan que as metas poden conseguirse a base de traballo e sacrificio”.