O deseñador Franco Quintáns retomará o seu idilio con Camariñas na XXXII Mostra do Encaixe
O ano pasado participou como xurado, pero facían máis de 5 anos que non presentaba unha colección na pasarela Deputación da Coruña. Alí amosará catro conxuntos da súa colección ‘Motomami’, vestidos de festa nos que aplica encaixe de Camariñas.