Camariñas presentará a súa campaña turística e a a XXXIV Mostra do Encaixe en Madrid, na Feira Internacional de Turismo ‘Fitur’ 2025
Sandra Insua presentará o xoves 23 de xaneiro, no stand de Turespaña, a campaña turística para 2025 e a trixésimo cuarta edición da Mostra.
O vídeo turístico e o cartel da Mostra lucirán nas pantallas de Callao e Gran Vía e tamén nas do Mercado de San Miguel durante toda a semana.
Tamén se estreará en Fitur a camiseta oficial da Mostra, deseñada por Esteban Freiría.